26/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. O OUTRO PAR

A historia real na que está inspirada, conta que GANDHI ía montarse nun tren cun amigo e coma non tiñan cartos ían subirse en marcha a un tren de mercadorías.

Ó arrancar o tren, GANDHI e o seu amigo correron para subir e, o saltar, GANDHI perdeu un dos zapatos.

O tren ía moi rápido para baixar e recuperar o zapato e entón decidiu tirar o outro. 

O seu amigo preguntoulle: Por que fixeches iso?

GANDHI contestou: A min un zapato só non me serve de nada. Cando cheguemos terei que conseguir outro par. Á persoa que atope ese zapato, non lle servirá de nada. Asi, alguén terá, polo menos un par de zapatos e lle serán útiles...

Dirección: Sarah Rozik
Guión: Mohammed Maher
Director de fotografía: Haitham Nasser
Montaxe: Eman Samir
Música e deseño de son : Mohamed Hassan Elhanafy
Director de arte: Hassan Elplisy
Produccción: Yasser Elfishawy
Actores : Ali Rozik y Omar Rozik

25/05/2022

COÑECEMOS ILUSTRADORES : SUSO CUBEIRO

HOXE TIVEMOS UN OBRADOIRO DE DEBUXO E APRENDEMOS MOITO DA MAN DO PINTOR E ILUSTRADOR SUSO CUBEIRO, QUE XA NOS VISITARA EN ANTERIORES OCASIÓNS. 

EL FAI QUE DEBUXAR PAREZA FÁCIL E CON POUCOS TRAZOS É QUEN DE TRANSMITIR MOITAS EMOCIÓNS. 

O OBRADOIRO "DEBUXANDO A NATUREZA" SERVIUNOS TAMÉN PARA APRENDER O NOME DE MOITOS PAXAROS QUE NON COÑECIAMOS.

22/05/2022

Programación da Aula CeMIT

 O Concello achegounos a programación de actividades da Aula CeMIT, así que podedes informar aos vosos familiares e amigos por se están interesados.




CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

 QUE BEN O PASAMOS ESTE ANO CELEBRANDO O NOSO DÍA, O DAS LETRAS GALEGAS !!!

TIVEMOS TEMPO DE ESCOITAR A VIDA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DA MAN DA POLIFACÉTICA ARTISTA RAQUEL QUEIZÁS, INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA SOBRE O ESCRITOR, PARTICIPAMOS NUNHA ROLDA DE PREGUNTAS, ESCRIBIMOS, EMITIMOS UN PODCAST E ATA BAILAMOS CON MOITA ILUSIÓN A CANCIÓN  "TERRA", DO GRUPO  TANXUGUEIRAS.

GOZAMOS COAS NOSAS LETRAS !!!




19/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. A POUSADA

 Unha historia con truco...para este VENRES DE HISTORIAS, é a que nos traen Claudia e Ángel de 4º B.


Algunha maga ou mago máis polo Vales??

18/05/2022

LETRAS NA PRIMAVERA.

 AS NENAS E NENOS DE 1º ESTAN A TER UNHA PRIMAVERA CHEA DE LETRAS, PALABRAS, HISTORIAS E CONTOS.

MIRADE BEN!!





12/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. DAS MÜESLI

Hoxe para coller folgos neste tramo final do curso, traémos esta curtametraxe, que en realidade é dun anuncio publicitario. Así que:
  • Subide o volume e escoitade a música.
  • Ampliade o tamaño da imaxe e..
DEIXÁDEVOS LEVAR!!!

DAS MÜESLI de  Dr Stutz

FELIZ DESCANSO!!

BIBLOFEIRA LETRAS GALEGAS 2022

Animádevos a vir á Biblioteca e levar calquera destes libros. Na exposición tendes moitos máis...



FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de bibliotecavales FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de bibliotecavales

06/05/2022

O espectáculo "As nosa letras" do Mago Teto este sábado 7 de maio na Aula de Cultura Xulio Cuns para público familiar

O Concello de Betanzos inicia o programa das Letras Galegas do ano 2022 co espectáculo de maxia "As nosas letras" do Mago Teto que terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña e programa das Letras Galegas.



O Mago Teto levará a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubrirá unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e fará unha adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.

O espectáculo está destinado para público familiar e a entrada é gratuíta por orde de chegada e ata completar a capacidade, a súa duración son 55 minutos e poden asistir ata dúas persoas adultas con cada neno ou nena.


05/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. CAPERUCITA ROJA

 As nenas e nenos de 5º E achégannnos esta versión, escrita por ROALD DAHL, do conto clásico e coñecido por todas CAPERUCITA ROJA.

Moitas gracias pola vosa colaboración!!

O libro, CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS, do gran autor ROALD DAHL, podédelo atopar na biblioteca.

28/04/2022

VENRES DE HISTORIAS. MI ABUELITA

 O vindeiro 1 de maio é o día da Nai e neste VENRES DE HISTORIAS queremos homenaxear a todas as nais das vosas nais e pais: AS AVOAS coa curtametraxe titulada "MI ABUELITA"  dirixida por Giselle Perez.

 Con elas, co seu apoio, traballo, compaña, coidados, sorisos, comidas... a vida é mais doada, divertida e saborosa. 

GRAZAS!!


23/04/2022

UN LIBRO É...

DESPOIS DE VISITAR A BIBLIOTECA E VER A BIBLOFEIRA QUE PREPARAMOS PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTORÍA, MOITOS DE VÓS LEVÁCHEDES UN LIBRO E DESPOIS TIVÉCHEDES MOITO QUE DICIR SOBRE QUE É PARA CADA UN DE VÓS UN LIBRO.  











DISFRUTAMOS CON RAQUEL QUEIZÁS ADIANTÁNDONOS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

RAQUEL QUEIZÁS  MERGULLOUNOS NA VIDA DE FLORENCIO DELGADO GUARRIARÁN, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS.


UNHAS MAÑÁS DELICIOSAS NAS QUE APRENDEMOS  TAMÉN SOBRE AS SÚAS OBRAS E AS CONDICIÓNS HISTÓRICAS NAS QUE AS ESCRIBIU.

        


GRAZAS RAQUEL !!!


             








21/04/2022

VENRES DE HISTORIAS. SKETCH TRAVEL

 Mañá, sábado 23 de abril, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO polo que neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos vós esta fermosa historia.

Esta curta creouse coma parte dun proxecto de SKETCHTRAVEL, un proxecto benéfico internacional no que se distribuiu un caderno de bocetos vermello a 71 artistas de todo o mundo durante 4 anos e medio. O SKETCHBOOK orixinal vendeuse por 70.000 euros que se destinaron a construción de bibliotecas para apoiar a alfabetización de nenas e nenos.

NOTA: ver polo menos dúas veces!!

16/04/2022

CONCURSO DE REDACCIÓN "DÍA DA NAI"

 A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para escolares  

"Día da nai 2022"



Poderán participar os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e deberán entregar os seus escritos co lema        " HOXE ESCRIBO SOBRE A MIÑA NAI"

As redaccións deberán ser orixinais e escritas en galego. O prazo estará aberto ata o 22 de abril de 2022.

Podedes consultar as bases no seguinte enlace:

https://comerciodebetanzos.com/media/banner/bases-concurso-dia-da-nai_59418.pdf