23/10/2022

CARTA DE LEO E MARIÑA : DÍA DAS BIBLIOTECAS E PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Ola queridos nenos e nenas !
 Hoxe é un día moi especial para a fada Mariña e para min, xa sabedes, Leo , o rato da Biblioteca, porque celebramos o Día das Bibliotecas. 

Por iso recibíchedes nas vosas clases unha carta nosa na que vos pedimos axuda para investigar sobre as DIVERSAS CULTURAS que hai 
na Terra.

Por se todavía non chegou á vosa aula, Mariña e máis eu decidimos publicala tamén no blog e así a podedes ler as veces que vos apeteza.Teredes que estar atentos e atentas porque pensamos escribirvos a miudo.




LECTURAS TERRORÍFICAS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito moi divertido. Dispuxemos varias tendas de campaña polo cole para que podades reservar a vosa quenda e ler cos vosos amigos e amigas durante os recreos das próximas dúas semanas. 

Estamos seguros de que atoparedes moitas historias de medo, de bruxas e seres do inframundo...nas exposicións que hai na entrada e dentro da biblioteca. 


Purple Minimalist Happy Halloween Card Portrait de bibliotecavales

16/10/2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, 17 de outubro celebraremos este día baixo o lema:  

“ANTES, DURANTE E DESPOIS DAS GUERRAS”. 

Nos seus textos, as escritoras reflicten sentimentos  e desexos incumpridos en tempos de conflito bélico. As escritoras galegas participan de esta homenaxe. Queredes comprobalo? Animádevos a :

  • Ler fragmentos das súas obras.
  • Investigar sobre estas escritoras na biblioteca.
  • Ilustrar os seus textos.


Sabedes que na biblioteca tedes moitos libros escritos por mulleres. Fixádevos cantos son !!! Mais, só é unha pequena escolma porque, se nos visitas, atoparás moitísimos entre os andeis.


 
Os compañeiros de 6ºE quixeron sumarse á celebración deste día facéndolle a súa propia homenaxe a GLORIA FUERTES.




26/09/2022

Día Europeo das linguas

O Día europeo das Linguas celébrase dende o ano 2001 para promover a aprendizaxe de idiomas, o plurilingüismo e defender a diversidade cultural en todo o continente europeo, onde se falan máis de 225 idiomas!!!


          


 

11/09/2022

WONDER. LA LECCIÓN DE AUGUST

Ó segundo día de comezar este novo curso, as rapazas e rapaces de 6º E xa pasaron pola biblioteca e comezaron a ler a historia de AUGUST


Non dubidedes en vir á biblioteca a coñecer a este rapaz. 

Wonder. La lección de August de P.J Palacio



07/09/2022

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO : A DIVERSIDADE CULTURAL

COMEZAMOS CURSO E NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN PARA REAFIRMARNOS NA IDEA DA UNESCO :

 " A DIVERSIDADE CULTURAL É TAN NECESARIA PARA O XÉNERO HUMANO COMO A DIVERSIDADE BIOLÓXICA PARA OS ORGANISMOS VIVOS "

21/06/2022

LIBROS NA MALETA

E ASÍ, CASE SEN QUE NOS DERAMOS CONTA, ENTRE TANTAS ACTIVIDADES E EMOCIÓNS, CHEGAMOS A FIN DE CURSO. 

NON QUEREMOS QUE VOTEDES EN FALTA AS VOSAS LECTURAS FAVORITAS E, POR ISO, IGUAL QUE PREPARAMOS A ROUPA QUE QUEREMOS LEVAR CANDO MARCHAMOS DE VACACIÓNS, O EQUIPO DA BIBLIOTECA PREPAROUVOS UNHA MALETA CHEA DE LIBROS PARA QUE ESCOLLADES CALES PREFERIDES COLOCAR ENTRE OS IMPRESCINDIBLES PARA LEVAR. 

BO VERÁN E MELLORES LECTURAS !!!

Green Yellow and Pink Illustrative Travel Plans Planner Presentation de bibliotecavales

14/06/2022

ROBÓTICA 2021/2022

                                                              ROBÓTICA 2021/2022


Pincha na imaxe e verás os traballos de programación que fixemos este curso. Anímate a xogar e crear.



03/06/2022

AXENDA CULTURAL DO CONCELLO

A axenda cultural do Concello inclúe unha actividade feita polos compañeiros e compañeiras de terceiro enmarcada no traballo de investigación do PDI "A Terra" e que leva por título "O que o mar non quere levar"

Noraboa pola exposición e polo traballo! Animádevos a visitala e sacar as vosas propias conclusións.

 

01/06/2022

COÑECEMOS ESCRITORES : O HEMATOCRÍTICO , PAULA CARBALLEIRA E ANTÍA OTERO

 

No Vales andamos de sorte porque últimamente poidemos coñecer a varios escritores e escritoras que nos encantan , dos que aprendemos e lemos moito. 

Contáronnos como se iniciaron nisto de escribir, asináronnos as súas obras e se prestaron a que os alumnos voluntarios da biblioteca lles fixeran entrevistas para a nosa radio

26/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. O OUTRO PAR

A historia real na que está inspirada, conta que GANDHI ía montarse nun tren cun amigo e coma non tiñan cartos ían subirse en marcha a un tren de mercadorías.

Ó arrancar o tren, GANDHI e o seu amigo correron para subir e, o saltar, GANDHI perdeu un dos zapatos.

O tren ía moi rápido para baixar e recuperar o zapato e entón decidiu tirar o outro. 

O seu amigo preguntoulle: Por que fixeches iso?

GANDHI contestou: A min un zapato só non me serve de nada. Cando cheguemos terei que conseguir outro par. Á persoa que atope ese zapato, non lle servirá de nada. Asi, alguén terá, polo menos un par de zapatos e lle serán útiles...

Dirección: Sarah Rozik
Guión: Mohammed Maher
Director de fotografía: Haitham Nasser
Montaxe: Eman Samir
Música e deseño de son : Mohamed Hassan Elhanafy
Director de arte: Hassan Elplisy
Produccción: Yasser Elfishawy
Actores : Ali Rozik y Omar Rozik

25/05/2022

COÑECEMOS ILUSTRADORES : SUSO CUBEIRO

HOXE TIVEMOS UN OBRADOIRO DE DEBUXO E APRENDEMOS MOITO DA MAN DO PINTOR E ILUSTRADOR SUSO CUBEIRO, QUE XA NOS VISITARA EN ANTERIORES OCASIÓNS. 

EL FAI QUE DEBUXAR PAREZA FÁCIL E CON POUCOS TRAZOS É QUEN DE TRANSMITIR MOITAS EMOCIÓNS. 

O OBRADOIRO "DEBUXANDO A NATUREZA" SERVIUNOS TAMÉN PARA APRENDER O NOME DE MOITOS PAXAROS QUE NON COÑECIAMOS.

22/05/2022

Programación da Aula CeMIT

 O Concello achegounos a programación de actividades da Aula CeMIT, así que podedes informar aos vosos familiares e amigos por se están interesados.




CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

 QUE BEN O PASAMOS ESTE ANO CELEBRANDO O NOSO DÍA, O DAS LETRAS GALEGAS !!!

TIVEMOS TEMPO DE ESCOITAR A VIDA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DA MAN DA POLIFACÉTICA ARTISTA RAQUEL QUEIZÁS, INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA SOBRE O ESCRITOR, PARTICIPAMOS NUNHA ROLDA DE PREGUNTAS, ESCRIBIMOS, EMITIMOS UN PODCAST E ATA BAILAMOS CON MOITA ILUSIÓN A CANCIÓN  "TERRA", DO GRUPO  TANXUGUEIRAS.

GOZAMOS COAS NOSAS LETRAS !!!