23/02/2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos a unha MULLER, a unha escritora sen igual da nosa literatura e a un referente tamén na loita contra as desigualdades.

ROSALÍA reivindicou  ÁS MULLERES , manifestou a súa ira CONTRA a PRECARIEDADE e soubo poñer diante dos lectores e lectoras a vida das máis vulnerables para darlles voz a través das protagonistas das súas obras: mozas, solteiras, vellas , e "viuvas de vivos", esas mulleres soas que decidiron deixar de agardar polo home que emigrou e non vai volver...

Pero hoxe, imos conmemorar este día lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre loita por sobrevivir. Ela chega a Padrón morta de fame e de frío e a pesares de que non ten case nada e de que os seus veciños lle negaron o que lles sobraba, consegue facer un humilde "Caldo de gloria" . Se queredes probar a facer este caldo, subide á Biblioteca e collede un marcapáxinas coa receita do andel do corredor.


Podedes ver a elaboración da receita neste enlace :

 https://youtu.be/oj06xiVi2Po  


Tamén podedes ver aos marabillosos artistas de 2ºB, que recitaron e ilustraron un poema de Rosalía, nesta ocasión da obra Cantares Gallegos








11/02/2023

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Este ano a celebración que propón a ONU céntrase no papel das mulleres e das nenas en relación aos Obxectivos de desenvolvemento sostible. O lema é : "Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Sostener (I.D.E.A.S.)". 

Sabemos que o papel da muller na ciencia , a través do paso do tempo, foi funfamental para atopar grandes descubrimentos na menciña, na física e na tecnoloxía... pero, en moitos casos, os seus traballos foron acreditados por homes , nun momento da historia no que a muller non era valorada nin considerada importante dentro da sociedade.

 Falta moito por facer, pero imos avanzando. Queredes coñecer a algunhas das mulleres máis importantes en Ciencia?


Mulleres científicas nas distintas culturas de bibliotecavales

30/01/2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é a pintora galega María Antonia Dans.




 

22/12/2022

FELICES LECTURAS E BOAS FESTAS

 

 E por fin, despois de tanto esforzo, chegaron as merecidísimas vacacións de Nadal. De seguro que vos apetecerá ler un ratiño. Aquí tendes algúns dos últimos títulos que mercamos na biblioteca e que vos recomendamos para calquera momento do ano.

Felices festas !



RECOMENDACIÓNS NADAL 2022 de bibliotecavales

13/12/2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

 O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.

 Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.

Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.

GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!






06/12/2022

LECTURAS COMPARTIDAS

 Continúan as LECTURAS COMPARTIDAS diariamente na nosa biblioteca e, ás veces, traen sorpresas coma a que tiveron as rapazas e rapaces de 2ºE. Os seus padriños lectores de 6ºE lles prepararon a versión de CARAPUCHIÑA VERMELLA, de Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl e un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS. 

Parabéns pola vosa implicación e traballo!!!






04/12/2022

25 NOVEMBRO

 Para conmemorar o  DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, no nosa escola realizáronse diversos traballos . A continuación podedes ver algúns.

25/11/2022

UNHA MASCOTA PARA CADA CULTURA

 

Ola de novo rapazada !

Mariña e máis eu tivemos moito traballo escollendo os debuxos das mascotas que nos  van acompañar durante a nosa viaxe polas culturas de tantos países diferentes pero, por fin, tomamos unha decisión! 

Queredes velo?

21/11/2022

CONCURSO DE CARTEIS DE NADAL

 Coma cada ano, ó achegarnos a estas datas, chega unha nova edición do CONCURSO DE CARTEIS DO NADAL do Concello de Betanzos.

Animádevos a participar e ser unha ESTRELA DO NADAL BETANCEIRO


14/11/2022

LECTURAS COMPARTIDAS

 Comezaron xa as LECTURAS COMPARTIDAS, actividade onde nenas e nenos de 1º e 2º son apadriñados polas rapazas e rapaces de 5º e 6º, respectivamente.

Cada quince días, xúntase na biblioteca para compartir lecturas, contos e intercambiar experiencias.

É, sen dúbida, unha das actividades máis enriquecedoras da biblioteca e que tiñamos moitas gañas de retomar tras estes dous anos.





11/11/2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

ESTAMOS DE NORABOA PORQUE CELEBRAMOS TODO UN MES DE CIENCIA NA BIBLIOTECA. É POR ISO QUE PODEDES VISITAR UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS COS QUE FACER EXPERIMENTOS OU OBTER DATOS CURIOSOS SOBRE OS ELEMENTOS DA NATUREZA, INDAGAR NA VIDA DAS CIENTÍFICAS E DOS CIENTÍCOS MÁIS IMPORTANTES  OU ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE OS MELLORES INVENTOS DA HUMANIDADE.




SE QUEREDES SER CURIOSOS E INVESTIGAR SOBRE OS INVENTOS MÁIS SALIENTABLES DA CULTURA QUE ESTADES COÑECENDO A TRAVÉS DO PDI, PODEDES PEDIRLLE O MODELO DE RECOLLIDA DE DATOS AOS VOSOS MESTRES OU  DESCARGALO DIRECTAMENTE NESTES ENLACES: Modelo para E. Infantil e Modelo para Primaria

TAMÉN PODEDES VISITAR OS ENLACES QUE PREPAROU BIBLIOTECAS ESCOLARES, NOS QUE TEDES ACCESO A MOITOS RECURSOS ON LINE.  

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia





Grazas pola vosa participación !

 

LEO E MARIÑA ESTÁN ENCANTADOS PORQUE XA RECIBIRON AS VOSAS PROPOSTAS DE CARA A ELEXIR UNHA MASCOTA OU LOGO DO PAÍS QUE ESTADES A INVESTIGAR. 




A PRÓXIMA SEMANA TOMARÁN UNHA DECISIÓN E DESPOIS PODEREDES USAR ESA IMAXE PARA TODOS OS TRABALLLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FAGADES EN CADA NIVEL.



03/11/2022

Leo e Mariña celebran o DÍA DO LECTOR e mandan unha nova misiva

 

     As nosas mascotas andan moi activas últimamente e Leo e Mariña mandaron outra carta a todos os nenos e nenas do cole, nesta ocasión, para convidalos a visitar a biblioteca e deixar alí os seus debuxos e logos das mascotas dos países que estades a investigar.  Esta é a carta, que tamén podedes ler nas vosas clases.




 Animádevos a participar dende o día 7 ao 11 deste mes. 

Cales serán as elexidas? 


23/10/2022

CARTA DE LEO E MARIÑA : DÍA DAS BIBLIOTECAS E PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Ola queridos nenos e nenas !
 Hoxe é un día moi especial para a fada Mariña e para min, xa sabedes, Leo , o rato da Biblioteca, porque celebramos o Día das Bibliotecas. 

Por iso recibíchedes nas vosas clases unha carta nosa na que vos pedimos axuda para investigar sobre as DIVERSAS CULTURAS que hai 
na Terra.

Por se todavía non chegou á vosa aula, Mariña e máis eu decidimos publicala tamén no blog e así a podedes ler as veces que vos apeteza.Teredes que estar atentos e atentas porque pensamos escribirvos a miudo.




LECTURAS TERRORÍFICAS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito moi divertido. Dispuxemos varias tendas de campaña polo cole para que podades reservar a vosa quenda e ler cos vosos amigos e amigas durante os recreos das próximas dúas semanas. 

Estamos seguros de que atoparedes moitas historias de medo, de bruxas e seres do inframundo...nas exposicións que hai na entrada e dentro da biblioteca. 


Purple Minimalist Happy Halloween Card Portrait de bibliotecavales