20/12/2023
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
18/12/2023
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
O pasado venres, día 15 de decembro, xuntamos os venres de historias co conto A que sabe a lúa? cunha novidade que haberá a partir de agora, os venres musicais. Estes estreáronse coa canción "Don´t go yet". A continuación deixámosvos unha mostra de canto gustou esta combinación.
Hoxe presentamos...COLECCIÓN CIENTÍFICOS
Aquí vos deixamos unha magnífica colección para que coñezades, dun xeito divertido, a personaxes interesantísimos e relevantes da nosa historia. Agardamos que vos guste.
14/12/2023
11/12/2023
Hoxe presentamos...LA DIVERTIDA HISTORIA DE LA HISTORIA
Unha nova forma de contar a historia. Agardamos que che guste.
04/12/2023
MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS.
As nenas e nenos de 3º achegáronse á biblioteca para iniciarse no método científico, a través dun sinxelo experimento relacionado coas plantas.
A observación é fundamental, así coma facerse preguntas e xerar hipóteses. Eles mesmos descubriron, coma xa os CELTAS, dividiron o ano en función das fases lunares e a cada mes lle asignaron unha árbore.
Nunha breve sesión, combinaron pasado e presente da ciencia.
Hoxe presentamos...MEMORIAS DE IDHÚN
Aquí traemos unha aventura fantástica para que a vosa imaxinación non deixe de voar.
01/12/2023
Venres de historias.
Novidades na biblio...MIS PRIMEROS CUENTOS CLÁSICOS CON PICTOGRAMAS
Un fantástico recompilatorio de oito contos clásicos, en maiúsculas e con pictogramas, que favorecen a lectura autónoma. Ideal para aprender a ler!
Novidades na biblio...MASHA Y EL OSO - ¡QUE VIENE EL LOBO!
Masha é unha nena moi, moi travesa e moi curiosa a quen lle gusta xogar con todo o que ve e con todos cos que se atopa polo camiño, xa sexa o seu amigo Oso... ou uns lobos malvados e famentos. Pero non hai nada que temer, é moi probable que todos acaben perdendo a paciencia #ante as travesuras de Masha.
Venres de historias : O coelliño branco
30/11/2023
Novidades na biblio...¡ESTOY HARTO DE LA NAVIDAD!
O paporrubio protagonista deste conto vive moi tranquilo ata que chega o Nadal... e todo se enche de luces e ruído! Na súa procura dun lugar onde poder durmir en paz, diversos amigos ofrécenlle comida e abrigo, pero o paporrubio só atopa descanso e serenidade xunto a un Neno moi especial.
27/11/2023
Hoxe presentamos...SUPER CHISTES
Aquí vos traemos a colección máis divertida da nosa biblioteca. Nunca deixedes de rir.
24/11/2023
Día internacional da non violencia contra as mulleres
HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL PORQUE ESTAMOS A CELEBRAR UNHA DATA, A DO 25 DE NOVEMBRO, QUE NOS RECORDA QUE AÍNDA VIVIMOS NUNHA SOCIEDADE QUE NON TRATA DE FORMA IGUALITARIA AOS HOMES E AS MULLERES.
ÁS VECES, NOS CHEGAN MENSAXES QUE VAN CALANDO, PERO NON NOS DAMOS CONTA. MIRADE, SENÓN, QUE OCORRE CON ALGUNHAS PELÍCULAS DE DISNEY.