23/02/2026

A VOZ QUE DEU ALMA Á LINGUA GALEGA

Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da literatura galega e un símbolo esencial da nosa identidade cultural. Coa súa obra, abriu camiños nun tempo no que escribir en galego era un acto de valentía e compromiso. A través dos seus versos, Rosalía deu voz á morriña, á emigración, á inxustiza social e, sobre todo, ao sentir profundo dun pobo que loitaba por non desaparecer. Ler a Rosalía é achegarse á esencia de Galicia, ás súas paisaxes, ás súas dores e ás súas esperanzas, que seguen vivas aínda hoxe.

A poesía é, sen dúbida, o xénero máis coñecido de Rosalía. Algunhas das obras máis coñecidas son:

Outros exemplares cos que contamos na biblioteca son:

"Rosalía de Castro para nenos", que inclúe unha breve biografía con ilustracións e datos clave sobre a súa vida.


"Uxía, Rosalía pequeniña", que conta a historia ficticia baseada na figura de Rosalía de Castro, mesturando realidade e imaxinación.

                                             

E moitos outros libros que permiten aos lectores e ás lectoras aproximarse un pouquiño máis á vida de Rosalía de Castro:

 

 







20/02/2026

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

 Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

    

  
  

 

Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura! 

19/02/2026

VENRES DE HISTORIAS CON PANDERETEIRAS E BOAS SENSACIÓNS

Celebramos o Entroido pequeno disfrazados ao noso gusto, con boa música a cargo das Pandereteiras do Vales e con dúas historias cargadas de emocións e bos sentimentos. Disfrutémolo !!!

Venres de historias 20 de febreiro de Biblioteca Vales

09/02/2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - FEBREIRO

O mes de febreiro trouxo novas recomendacións lectoras da man do alumnado do Vales, que continúa colaborando coa sección de lecturas do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca. Grazas ás súas achegas, seguimos descubrindo libros capaces de facernos rir, aprender, soñar e viaxar a lugares sorprendentes.

Nesta ocasión, as recomendacións leváronnos desde as aventuras máis clásicas ata o fascinante mundo da mitoloxía e das historias cheas de humor.

Valeria Vázquez, de 4º E, escolleu Los viajes de Gulliver, unha obra chea de aventuras e imaxinación que nos leva a descubrir lugares extraordinarios e personaxes inesquecibles. Pola súa banda, Noa Roel, tamén de 4º E, recomendou Mitos Griegos, un libro que nos achega ás historias dos deuses e heroes da Antiga Grecia, cheas de emoción, perigos e grandes fazañas. Completa esta selección Martina Botana, de 4º D, coa súa recomendación de Olivia y el genio sinvergüenza, unha divertida historia protagonizada por unha nena e o seu peculiar compañeiro de aventuras.

Estas propostas amosan como a lectura pode abrir portas a mundos moi diferentes: desde viaxes imposibles e relatos mitolóxicos ata historias cheas de humor e amizade. Cada recomendación é unha oportunidade para descubrir novos libros e ampliar os nosos horizontes como lectores.

Desde a biblioteca escolar queremos felicitar a Valeria, Noa e Martina por compartir as súas lecturas favoritas e agradecer ao xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca que continúe ofrecendo este espazo para que o alumnado poida recomendar os libros que máis lles gustan.

En febreiro seguimos viaxando sen saír das páxinas dun libro. Grazas ás nosas lectoras por guiarnos nesta nova aventura lectora!


Betanzos e a súa comarca. Febreiro 2026 (399)

30/01/2026

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

    

 

  
  
  


Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura! 

O DÍA DA PAZ TAMÉN SE LE

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Non Violencia e da Paz, unha data especial para reflexionar sobre valores como o respecto, a igualdade e a convivencia. Dende a biblioteca, propoñemos unha selección de libros que axudan a educar en paz, a comprender as diferenzas e a construír un mundo máis xusto.

Aquí deixamos algúns libros para concienciar e reflexionar sobre a importancia da paz no noso día a día:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

29/01/2026

VENRES DE HISTORIAS: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

ESTE VENRES 30 DE XANEIRO CELEBRAREMOS O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ ESCOITANDO O SON DAS FRAUTAS DOCES E DÚAS HISTORIAS;  NUNHA DELAS VEREMOS COMO SE RESOLVE UN CONFLITO E NA OUTRA NOS DEIXAREMOS LEVAR POLA POESÍA. MIRADE QUE CARTEL !!!

Venres de historias 30 de xaneiro de Biblioteca Vales

21/01/2026

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

   
 

Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura!