11/04/2016
14/03/2016
DINOSAURIOS
Esta semana levaranse a cabo no colexio unhas actividades sobre os dinosaurios nas que participarán os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º.
Á entrada da biblioteca poderedes atopar unha pequena recompilación de todo o que temos sobre eses animais tan interesantes.
Agardamos que a disfrutedes!!
03/03/2016
Igualdade
Para que algo se cumpra primeiro hai que desexalo e logo hai que traballar e loitar por el. Un dos nosos obxectivos é conseguir a igualdade entre todos, respectando a nosa diversidade. Mariña Erias Castro, alumna de 5º A, exprésao neste poema que nos achega:
29/02/2016
SOÑAMOS CON ROSALÍA
Este ano descubrimos que Rosalía de Castro tamén soñaba desperta, igual que nós a través deste poema:
Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso,
de min murmuran e exclaman:
- Aí vai a tola soñando
coa eterna primavera da vida e dos campos,
e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,
e ve tremendo, aterecida, que cobre a xeada o prado.
-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,
máis eu prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
coa eterna primavera da vida que se apaga
e a perenne frescura dos campos e as almas,
aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.
Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,
sen eles, como admirarvos nincomo vivir sen eles?
Rosalía de Castro
Grazas a ela aventurámonos a descubrir o que soñaban, soñaron e soñan aínda os nosos maiores.
Destácovos un. O que soñaban uns avós cando eran nenos. Dí así: " Cando miña avoa era pequeniña soñaba con ter unha boneca, porque non tiña ningunha, con poder estrear roupa nova, porque tiña a mesma todo o ano, e poder ir o colexio todos os días porque tiña que traballar no campo. Cando meu avó era pequeno soñaba con poder comer froita porque era moi cara e non se podía comprar, poder ter zapatos novos porque tiña unhas alpargatas e montar nun coche porque cando un pasaba polo pobo todos os nenos o seguían por detrás"
GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS a todos os que nos abríchedes o voso corazón e compartístedes os vosos soños cos vosos fillos e fillas, netos e netas e con todos nós.
28/02/2016
Día de Rosalía en Betanzos
Has de cantar
Nenas e nenos de 1º móstrannos as ilustracións que fixeron para a canción Has de cantar, extraída do libro Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado por Galaxia.
19/02/2016
Día de Rosalía de Castro
O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do
nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra elaboramos estas dúas presentacións:
Tamén recopilamos varios materiais que elaboraron colexios e outras institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra elaboramos estas dúas presentacións:
Biblioteca da Caracola Tola |
Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra |
Test |
|
CP Nª Sra de los Ángeles. El Esparragal. Murcia |
18/02/2016
Rosalía de Castro cantada
09/02/2016
DÍA DA PAZ
O venres 29 de xaneiro celebramos o día da Paz e fixémolo seguindo as aventuras de Virutas e Madelen polo País Amarelo, todo dentro do proxecto deste ano "Para que algo suceda primeiro hai que soñalo".
No País Amarelo descubrimos o millo; millo que nós sementamos e do cal, por arte de maxia, saíron os flocos para COMPARTIR.
Coa colaboración do Concello, algúns de nós compartímolos vendo a película de animación galega "Maimiño".
Eiquí un pequeno resumo.
04/12/2015
SEGUEN AS LECTURAS COMPARTIDAS
A piques de rematar o primeiro trimestre, seguen acudindo, fielmente cada quince días, as nenas e nenos de 6º e 1º a participar na actividade de lecturas compartidas.
Pouco a pouco a actividade vai madurando. Grazas a todos pola vosa implicación.
LECTURAS COMPARTIDAS 1ºA - 6ºC on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºB - 6ºE on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºC - 6ºB on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºD - 6ºA on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºE - 6ºD on PhotoPeach

29/11/2015
Neira Vilas. Sempre no recordo
Galicia perde un gran escritor e unha persoa chea de vitalidade e de alegría de vivir.
En maio de 2013 visitou o noso colexio e durante unha xornada marabillosa puidemos coñecer ao escritor e, sobre todo, disfrutar da súa compaña, unha persoa amable, agarimosa, alegre e incansable.
Así o recollemos no noso blog.
Ademais de ler e reler a súa obra escoitemos esta cantiga, cunha letra tan suxestiva.
28/10/2015
Lecturas dramatizadas
Unha nova actividade comeza a súa andaina: a cadea de lecturas dramatizadas.
Un día destes os nenos e nenas de 2º A chegarán á clase duns compañeiros (non sabemos a quen elixirán…) para lerlles un conto que lles gusta moito e que prepararon con moito agarimo, deixaranlles o “cofre do tesouro” para que eles elixan outro conto e con quen compartilo, e así continuará a cadea.
Seguramente, ademais do conto, compartirán algún agasallo…
Estade atentos, a ver se conseguimos unha cadea que recorra o cole enteiro!!

19/10/2015
Unha exposición de medo
Neste tempo próximo ao Samaín, podedes atopar unha exposición de libros que tratan o medo, para tremer con el, para espantalo e tamén para rir con el.
Atrevédevos a vir, abride a porta e probade a sentilo...
Atrevédevos a vir, abride a porta e probade a sentilo...
18/10/2015
Lecturas compartidas
Comezamos unha nova actividade na biblioteca, na que o alumnado de 6º e o de 1º comparten lecturas.
Cada nena ou neno de sexto apadriña a un ou dous de 1º co obxectivo de ir compartindo contos ao longo do curso.
A actividade está organizada por grupos-clase, de xeito que cada un deles tén asignado un día da semana.
Na primeira sesión xuntáronse na biblioteca para coñecerse e preparar o carnet de lecturas compartidas, no que irán rexistrando os títulos e a valoración dos libros que lean.
Están moi contentos e ilusionados con esta aventura, os maiores buscando lecturas que gusten aos peques e estes esperando a ver con que os sorprenden.
(Música de Pablo Díaz, do disco Tic-Tac)

08/10/2015
Outubro. Mes das bibliotecas escolares
Gústannos os contos porque nos permiten viaxar, pasar medo, conseguen intrigarnos ou prodúcennos risa...
Tamén nos gustan porque nos incitan a pensar...
Este é un deles, fala da biblioteca, que pode ser persoal (para un só e sempre ao noso carón), e pode ser pública, que nos permite acceder a cantidade de materiais e recursos que non sempre podemos ter nas nosas casas.
Escoitádeo:

(Preme na imaxe)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)