12/03/2021

SEMANA DA PRENSA

Os medios de comunicación son ferramentas  para informar  e comunicar contidos de forma masiva ás persoas. 

Hoxe temos varias formas de acceso á información de distinto tipo: social, cultural, deportiva, política, económica e esta información pode tamén referirse a un contexto local , comunitario, nacional ou incluso mundial.

A prensa, o xornal, é un destes medios masivos de comunicación e, ademáis ten máis seguidores debido a que ten soporte dixital en Internet . De seguro que tedes lido moitas novas a través do teléfono móbil ou das tablets. Máis, a que tamén é estupendo pasar as páxinas do xornal ? 


Na Biblioteca contamos co xornal mensual O papagaio en formato papel e vos deixamos o enlace á súa versión dixital.



https://www.opapagaio.gal/o-papagaio-dixital


CRECER LENDO COMIGO

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa proponnos, a través de  Leer.es, unha serie de recursos de fomento da lectura destinados ás familias e aos docentes.

Realmente é moi interesante porque o proxecto presenta  catro recursos organizados por grupos de idade (ata 3 anos, de 4 a 7 e de 8 a 11 ou máis) . Neles se ofrece información sobres as características dos nenos e nenas a esas idades , así como as distintas estratexias que poden empregar os adultos para xerar o gusto pola lectura.


Aquí tendes o enlace: https://leer.es/proyectos/crece-leyendo-conmigo


11/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. A VACA QUE PUXO UN OVO

 Hoxe, da man de Álvaro Segade Martínez de 6ºA, imos pasar un bo rato escoitando "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e Russel Ayto. Este libro podédelo atopar na biblioteca.

Moitas grazas polo teu traballo, Álvaro.




08/03/2021

IGUAIS E LIBRES : EDUCACIÓN RESPONSABLE

OS CONTOS TRANSMITEN VALORES E EMOCIÓNS. EN TERCEIRO TRABALLARON A OBRA "ARTURO E CLEMENTINA", UNHA HISTORIA DE SUPERACIÓN DO MALTRATO PSICOLÓXICO NA QUE A PROTAGONISTA TEN UNHAS CUALIDADES QUE A ALONXAN DAS CARACTERÍSTICAS DAS PERSONAXES FEMININAS DA LITERATURA CLÁSICA INFANTIL.
  
      





DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes, celebramos unha data moi especial, máis dende a Biblio xa o levamos celebrando dende  o día 1 (Bibliofeira ) e máis co pasado "Venres de Historias" e as súas interesantes propostas.

Hoxe, traemos ao noso Blog a Declaración da Directora Executiva da ONU sobre o Día Internacional da Muller 2021. Nela denuncia que durante a pandemia estase a producir un aumento da violencia contra as mulleres e as nenas insostible. 

Con todo, existen algúns logros que son motivo de celebración, aínda que sigan a ser claramente unha excepción. Son as mulleres que teñen chegado ao máis alto de entidades como á Organización Mundial do Comercio, ao Fondo Monetario Internacional ou ao Banco Central Europeo e esperamos que se produzan máis nomeamentos deste tipo.



04/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. DÍA DA MULLER

Non deixamos pasar a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, nestes Venres de Historias.

Invitámosvos nesta ocasión a ver varias curtas, tendes donde escoller.

Agardamos que vos gusten e vos fagan reflexionar, aprender e nos axuden a todos a avanzar cara unha mellor  sociedade.

DRAGON BOY de Lisa Allen, Bernardo Warman e Shaofu Zhang


¿QUÉ SIGNIFICA HACER ALGO "COMO UNA NIÑA"?

¿POR QUÉ DÍA DE LA MUJER?








01/03/2021

BIBLOFEIRA ADICADA AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar este día temos a sorte de contar na nosa biblioteca cunha boa chea de libros que nos falan  sobre mulleres que traballaron para que outras poidesen ter máis dereitos ou simplemente empezasen a crer que a igualdade é unha necesidade. Aquí tedes unha escolma de libros que salientan a dignidade e  a valía das mulleres, en todos os ámbitos e ao longo da historia.
Día Internacional da muller traballadora de bibliotecavales

25/02/2021

VENRES DE HISTORIAS. HILO SIN FIN

 Este venres Lara Fernández, coa colaboración de Maya Lage, de 6ºA cóntanos o conto HILO SIN FIN de Mac Barnett e Jon Klassen, que podedes atopar na biblioteca.

Moitas grazas polo voso traballo e compartir con todos nós!!






20/02/2021

ROSALÍA DE CASTRO: MOITO QUE CELEBRAR


Esta semana temos moito que celebrar , nin máis nin menos, que rendirlle homenaxe a unha  escritora galega única, adiantada ao seu tempo, unha namorada da cultura ,que soubo transmitirnos tamén o seu amor por Galicia.

BIOGRAFÍA


POEMAS MUSICADOS




Lembrade que tedes máis información e unidades didácticas no blog do cole "Non te cortes coa Lingua"


18/02/2021

VENRES DE HISTORIAS. ALIKE

 Hoxe ALIKE, dirixida por Daniel Martínez Lara e Rafa Cano Méndez. Unha curtametraxe animada para PENSAR e REPENSAR que vida temos e que vida queremos ter, GRIS ou de CORES.




13/02/2021

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, Sábado  13 de febreiro é a data proclamada polas Nacións Unidas como Día Mundial da Radio.A iniciativa para o establecemento oficial desta celebración internacional foi cousa da Academia Española da Radio, de xeito que en 2011 a proposta foi presentada  na UNESCO e na ONU.  Polo tanto, este ano se conmemora o décimo aniversario.



O lema oficial deste ano é
"Novo mundo, nova Radio" . O lema quere salientar que este medio de comunicación evoluciona, adaptándose aos cambios e innovando e ademáis segue a ser un referente para estar conectados co Mundo e a sociedade.



Apetécevos escoitar música infantil en Radio Picariña? Preme no enlace: https://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina



11/02/2021

VENRES DE HISTORIAS. SIETE RATONES CIEGOS

 As nenas e nenos de 4ºF comparten con todos estas representacións da historia "SIETE RATONES CIEGOS" de Ed Young.

Este libro está dispoñible na biblioteca do colexio, na ubicada no edificio de infantil, por se o queredes solicitar.

Moitas grazas polo voso traballo!!






DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 Hoxe celébrase  o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e, dende a biblio, queremos deixarvos un vídeo que nos encanta . Escoitádeo con atención para que podamos seguir avanzando na igualdade.




 E aquí, neste enlace, podedes acceder a moita máis información sobre MULLERES GALEGAS DE CIENCIA



04/02/2021

VENRES DE HISTORIAS

 Hoxe un documental feito en Galicia e dirixido por Luis Navarro:

  "A saúde dos nosos océanos"


A saúde dos nosos océanos from Divulgare on Vimeo.

01/02/2021

Día da Ilustración

 

Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño.