03/11/2021

DÍA DO LECTOR EN HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS

No Calendario do Libro e a Lectura 2021 aparece, por primeira vez, o 3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas.

O noso cole tivo a grandísima sorte de contar coa presencia do autor antes de que el morrese e queremos celebrar este día recuperando esta visita inesquecible. 


Se queres ver os vídeos preme no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=49







24/10/2021

24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS

Baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” celebramos o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. Nós , dende a "Biblioteca Vales de Leo e Mariña" queremos render unha merecidísima homenaxe a unha mestra do colexio que fixo moito porque agora teñamos a nosa biblioteca e que pensemos nela como un espacio vivo de aprendizaxe e lecer. Grazas Carmen!
Copia de OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DA SRA. CARMEN BELLO de bibliotecavales

19/10/2021

EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS

 

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.


A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".


16/10/2021

BIBLOFEIRA. ESPECIAL PDI " A TERRA"

Animados a ler, indagar, investigar sobre A Terra ? Aquí tedes unha escolma de libros que vos axudarán a entender mellor como é a vida no noso planeta. De seguro que vos sorprenderán !
Biblofeira 16 outubro. PDI A Terra de bibliotecavales

12/10/2021

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras reivindica o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este ano,  celébrase o día 15 de outubro baixo o lema :

"Ler as idades da vida"


           
                                               
Dende a Biblio queremos aproveitar esta data para homenaxear a Emilia Pardo Bazán, posto que o pasado 12 de maio cumpríronse 100 anos da morte desta escritora galega , considerada por moitos como a mellor novelista española do século XIX.

Debaixo tedes o vídeo dun conto escrito por ela, "La moneda del mundo". Escoitádeo e animádevos a escribir.



Gustouvos o conto? De seguro que si. Se queredes ler máis textos de escritoras galegas, non tedes máis que premer non enlace de abaixo. 



E se queredes, tamén podedes ver neste video a unha das vosas escritoras favoritas! Aquí tedes a Ledicia Costas.



03/10/2021

CREATIVIDADE NA BIBLIOTECA

 

Xa tivemos visita á biblioteca e a clase de 5º E disfrutou facendo papiroflexia. Mirade que ben lles quedaron as súas creacións !!!




ABRIMOS A BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA

Que ganas tiñamos de poder abrir as portas da biblioteca de Leo e Mariña !!!  Ese momento xa chegou e os vosos profes poden reservar quenda para visitala. Veredes que está moi bonita  e que é moi agradable estar nela. 

Cando veñades, tedes que seguir o Protocolo COVID e só vos queda disfrutar da lectura, da escritura e da vosa creatividade. Se aínda non estades animados, escoitade aos vosos compañeiros e compañeiras de 5ºE.






08/09/2021

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "A TERRA"

COMEZAMOS CURSO ! AQUÍ ESTAMOS, CON NOVOS ÁNIMOS E MOITAS GANAS DE DIVERTIRNOS APRENDENDO E INVESTIGANDO.ESTE ANO QUEREMOS SABER MÁIS SOBRE A TERRA E POR ISO IMOS DESENVOLVER UN PDI SOBRE ELA.

18/06/2021

RECOMENDACIÓNS PARA PASAR UN BO VERÁN

QUERIDOS NENOS E NENAS, CHEGAMOS AO FINAL DE CURSO TENDO NA NOSA MENTE E NO NOSO CORAZÓN UN MONTÓN DE FERMOSOS LIBROS, AVENTURAS E PERSONAXES QUE NOS FIXERON SOÑAR E COÑECER OUTROS MUNDOS E EMOCIÓNS.

recomendación s de bibliotecavales 

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN MAGNIFÍCO VERÁN, QUE DE SEGURO IDES APROVEITAR, E NO QUE RECORREREDES DISTINTAS XEOGRAFÍAS LECTORAS. CONTÁDENOLO EN SETEMBRO ?      

VÉMONOS AXIÑA NA BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA !

17/06/2021

VENRES DE HISTORIAS BAIXA O TELÓN

 Baixa o telón os VENRES HISTORIAS e faino por todo o alto, con dúas historias:

BERENGUELA, de Manuel María, interpretada polas compañeiras e compañeiros de 4ºA 

e

THE GINGERBREAD MAN contado polos rapaces e rapazas de 6ºE


Grazas a todos os que fixestes posible seguir compartindo HISTORIAS na distancia.
FELIZ VERÁN!!!


03/06/2021

VENRES DE HISTORIAS: NON HAI PLANETA B

 Dende os VENRES DE HISTORIAS sumámonos á importante conmemoración  que se celebra mañá, 5 de xuño: O DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.

Compartimos dúas curtametraxes para pensar e reflexionar: 

DE HOMO CONSUMUS A HOMO RESPONSABILIS de Pablo Llorents.



SOCIEDAD DE CONSUMO E OBSOLECENCIA PROGRAMADA de Steve Cutts. 

Se non sabes o que é a OBSOLESCENCIA PROGRAMADA anímate a investigalo!!



01/06/2021

BIBLOFEIRA EN PROL DO MEDIOAMBIENTE

O PRÓXIMO 5 DE XUÑO É UNHA DATA MOI ESPECIAL PARA TODOS OS QUE AMAMOS A NATUREZA E RESPECTAMOS E COIDAMOS O MEDIOAMBIENTE. 

NA BIBLIOTECA TEMOS UNS LIBROS FANTÁSTICOS QUE NOS AXUDAN A CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE. CAL QUERES LER?