11/02/2022

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

 Categorías:

  1. Alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria
  2. Alumnado de 5º e 6º de primaria, de 1º e 2º da ESO e de educación especial.
  3. Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.

Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación.

Prazo: ata o martes 22 de febreiro de 2022. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Bases: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2022/01/19/8efc6bf5339ef5870d6a03f877a395e0.pdf

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


Sabedes que existen estereotipos que fan que os nenos e as nenas, cando crecen , elixan estudos diferentes segundo o seu xénero ?  

Na  Universidad do País Vasco (UPV/EHU) fixeron un estudo e chegaron á conclusión que isto acontece , en parte, porque xa dende aproximadamente os seis anos,  empezan a aparecer unha serie de pensamentos nas nenas e nenos . Queres saber cales?

No video explícannolo moi ben!!!




10/02/2022

VENRES DE HISTORIAS. CON TANGO SON TRES

 Hoxe as nenas de 4ºB, Mara, Rocío, Sofía e Daniela,   achégannos CON TANGO SON TRES, escrito  por Justin Richardson e Peter Parnell, que conta coas ilustracións de Henry Cole.

Unha fermosa adaptación da historia real sucedida no zoo de Nova York.


Este libro podédelo atopar na biblioteca. 



Moitas grazas ás compañeiras de 4ºB polo seu fantástico traballo!!!

08/02/2022

DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET SEGURA

Hoxe, 8 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Internet Segura, baixo o lema “Xuntos por unha Internet mellor”.





O entorno dixital, non só Internet, tamén as redes sociais, apps, xogos ofrecen a posibiliadade de exercer o dereito á información e o de crear e distribuir o seu propio contido. Sen embargo, como sinala o Comité de Dereitos do Neno, o entrono dixital pode incluír información sesgada, con estereotipos de xénero, racista, violenta...ou con información errónea ou desinformación.

Os nenos e nenas tedes dereito á protecció, á privacidade e a non-discriminación.

Credes que somos conscientes de todo o que se pode saber de nós a través dos entornos dixitais? Mirade este vídeo. Daravos que pensar !!!






Espectáculo “Ciencia que alimenta” coa Compañía Roto e Descosida no MUNCYT Coruña

 

Un mestre, unha aspirante a mestra e unha despensa...unha experiencia culinaria que deixará abraiado a calquera. O obxectivo do espectáculo é acercar aos nenos e nenas á experimentación científica dunha forma orixinal e lúdica, coa proposta de acabar co "Efecto Matilda" , un prexuicio en contra de recoñecer os logros das mulleres científicas que se porá de manifesto nesta obra.

Este espectáculo utiliza unha forma de comunicación non verbal axeitada para a inclusión de persoas con discapacidade auditiva e emprega os sentidos como o olfacto, o tacto e a vista.

Se vos interesa , tede en conta estes datos:

Sábado 12 de febreiro ás 12:30 horas. Duración aproximada 45 min.

Público familiar (menores de 6 a 12 años acompañados dun adulto) con reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727. Datos de contacto: nome dos participantes e responsables, email  e número de teléfono.

 





04/02/2022

XIII ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO

 A Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos comprácense en presentar a 13ª edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2022.




As representacións serán de acceso gratuíto igual que en edicións anteriores e terán lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns todos os sábados de febreiro ás 20:00h.

 

Para unha información detallada de cada unha das representacións pódese consultar:

www.agrupacionteatralmarinan.blogspot.com


NOVAS E DIVERTIDAS ACTIVIDADES NO MUNCYT

Deixámosvos un enlace para que poidades saber que propostas nos ofrece o MUNCYT de A Coruña para este mes de febreiro. De seguro que xa estades pensando en apuntarvos a algunha. Animádevos !!!




http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.8dbda8254659d9883c791a1801432ea0/?vgnextoid=07a534a4dfebe710VgnVCM1000001d04140aRCRD&lang_choosen=gl


03/02/2022

VENRES DE HISTORIAS. MIGRANTES

 Hoxe compartimos unha curtametraxe especialmente dura e actual, non vos deixedes levar pola primeira impresión duns osiños brandiños e fermosos. 

Esta curtametraxe, MIGRANTS, foi dirixida por Hugo Caby, Antoine Dupriez, Aubin Kubaik, Lucas Lermytte e Zoé Devise no ano 2020 e conta coa música de Yann Menou.







27/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. O LOBO CON BOTAS

Neste VENRES DE HISTORIAS, de novo, as rapazas e rapaces de 4º D comparten con todos nós unha interpretación do libro O LOBO CON BOTAS, escrito por EL HEMATROCRÍTICO e ilustrado por ALBERTO VÁZQUEZ.
Grazas polo voso traballo e participación!!!.
Estamos desexando vervos moi pronto en vivo e en directo COMA SEMPRE foron os VENRES DE HISTORIAS.





 

26/01/2022

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Celebramos este día porque aló polo ano 1975  organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países . Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á población mundial para que se preocupase polo medio ambiente.   

No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar a horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio e de dentro das clases. Mero, é, sen dúbida, un bo experto. 



E como mostra,  aquí temos ao alumnado de 5º E , que se animou a mandar ao correo da Biblio unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, sen dúbida, conseguirémolo !!!!






24/01/2022

REFORMAMOS A BIBLIOTECA E COMENTAMOS A SÚA HISTORIA.

Na Biblioteca Vales de Leo e Mariña houbo moitos cambios e por iso as coordinadoras da Biblioteca fan un percorrido polo traballo realizado dende os seus inicios. Seguro que moitos de vós recordades como era antes a biblioteca ...




Máis agora, hai diferentes novidades no mobiliario e a súa distribución e moitas, motísimas novidades no fondo de libros.Os colaboradores e colaboradoras de 6º presentan neste vídeo os diferentes recunchos da nosa nova Biblioteca de Primaria . Ao final podedes disfrutar do rap que fixeron hai anos outros colaboradores. 
 

A BIBLIOTECA MOLA MOGOLLÓN!!!



E non vos perdades que ben quedou a Biblioteca de Infantil. 
Aquí tendes aos vosos compañeiros, presentándoa. 
Fixéronno de marabilla !!! 





 

20/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. CADENA DE FAVORES INFINITA

 Achégase o Día escolar da Non Violencia e a PAZ e, neste VENRES DE HISTORIAS, queremos compartir con vós a curtametraxe CADENA DE FAVORES INFINITA, dirixida por Lenny Casal e coa música de One Day.

Animádevos a iniciar ou continuar unha CADEA DE FAVORES para facer entre todos un mundo mellor. ESTÁ NAS VOSAS MANS!!!




17/01/2022

BIBLOFEIRA A PROL DUN MUNDO EN PAZ

QUE TAL UNHA VIAXE POLOS LIBROS QUE FALAN DE PAZ ? NA BIBLIOTECA TEDES UNHA CHEA DE LIBROS QUE NOS CONTAN HISTORIAS DE AMOR, DE AXUDA AOS DEMAIS, DE ENTREGA ÁS CAUSAS QUE SON XUSTAS POR RIBA DA SEGURIDADE PERSOAL... 

E COMO NON, TAMÉN HAI OBRAS QUE NOS AMOSAN AS HISTORIAS TERRIBLES DA PERSOAS QUE TEÑEN QUE FUXIR DA GUERRA, QUE TEÑEN QUE ABANDONAR AOS SEUS NA BUSCA DUN MUNDO MELLOR.

PODES LEVALOS EN GALEGO, CASTELÁN OU INGLÉS E HAI LIBROS DE POESÍA, DE NARRATIVA E DE TEATRO QUE NOS FALAN DA PAZ. CAL E O VOSO PREFERIDO? VIDE A BUSCALO Á BIBLIOTECA !


Green and Cream Simple Science Class Education Presentation de bibliotecavales

13/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. AXENTE RICIÑOS

Neste primeiro VENRES DE HISTORIAS do ano, unhas rapazas de 4º D achégannos unha representación fantástica de AXENTE RICIÑOS, libro escrito por HEMATOCRÍTICO e ilustrado por Alberto Vázquez







 
Son Aloia, Zoe, Claudia, Sofía, Alba, Jara, Clara, Adriana e Obdulia 

Grazas polo voso traballo!!!

10/01/2022

UN NADAL DE ESTRELAS

ESTE NADAL A RAPAZADA DEMOSTROU TER ESTRELA. ADORNARON A ÁRBORE DE NADAL DO COLEXIO COS SEUS "LIBROS ESTRELAS" E TAMÉN EN INFANTIL FIXERON UNS LIBRIÑOS CHEOS DE RECOMENDACIÓNS.
DECEMBRO 2021 de bibliotecavales 


 EN 5ºE CANTARON CON ILUSIÓN PARA DESEXARNOS FELIZ NADAL!