
UNHAS MAÑÁS DELICIOSAS NAS QUE APRENDEMOS TAMÉN SOBRE AS SÚAS OBRAS E AS CONDICIÓNS HISTÓRICAS NAS QUE AS ESCRIBIU.
Mañá, sábado 23 de abril, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO polo que neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos vós esta fermosa historia.
Esta curta creouse coma parte dun proxecto de SKETCHTRAVEL, un proxecto benéfico internacional no que se distribuiu un caderno de bocetos vermello a 71 artistas de todo o mundo durante 4 anos e medio. O SKETCHBOOK orixinal vendeuse por 70.000 euros que se destinaron a construción de bibliotecas para apoiar a alfabetización de nenas e nenos.
NOTA: ver polo menos dúas veces!!
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para escolares
"Día da nai 2022"
As redaccións deberán ser orixinais e escritas en galego. O prazo estará aberto ata o 22 de abril de 2022.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace:
https://comerciodebetanzos.com/media/banner/bases-concurso-dia-da-nai_59418.pdf
O mes de abril é moi especial porque nel se dan dúas celebracións . O día 2 foi o Día Internacional do Libro Infantil e o día 23 será o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autoría.
Un relato moi actual e vixente que nos fai reflexionar onde poñer o noso FOCO.
Vós onde o poñedes, no que vos une ós demáis ou nos que vos separa?
Este VENRES DE HISTORIAS compartimos dúas curtas SEN PALABRAS, para que vós llas poñades. MATINADE, MATINADE...
JE SUIS UN CAILLOU (EU SON UNHA PEDRA)
Creado por Mélanie BERTERAUT-PLATON, Yasmine BRESSON, Léo COULOMBIER, Nicolas GRONDIN, Maxime LE CHAPELAIN, Louise MASSÉ. Música: Sacha COULOMBIERr. Son: José VICENTE, Tristan Le BOZEC, Yoann PONCET
JOURNEYMEN
Creado por BERNADETTE PANTAZIS
A BIBLIOFEIRA deste 16 de marzo vai adicado a todas as FAMILIAS: diversas e únicas, cos seus problemas e as súas alegrías, pero que son o núcleo da nosa sociedade e, en especial, a unha figura que forma parte delas, dunha maneira ou otra, o PAI,
Este VENRES DE HISTORIAS vai adicado a todas. Tanto para as que soñan coma para as que, silandeiramente, axudan ás demáis a acadalos.
ONE SMALL STEP, 2018 de TAIKO ESTUDIOS
"Fai da túa vida un soño e do teu soño unha realidade" Antoine Saint- Exupery
AS RAPAZAS E RAPACES DE INFANTIL TIVERON A SORTE DE CONTAR COA PRESENZA DE RAQUEL QUEIZÁS. ELA PRESENTOU O SEU ESPECTÁCULO "SOMOS IGUAIS. CONTOS POLA IGUALDADE".
As nenas e nenos de 1º gozaron coa narración da historia, escrita por HEMATOCRÍTICO, VAIA CABUXIÑO!, da man de BENJAMÍN, que ademáis os agasallou cunha ilustración personalizada.
HOXE ESTAMOS DE FESTA PORQUE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. EN REALIDADE, XA LEVAMOS VARIOS DÍAS FESTEXÁNDOO E, SE VOS ANIMADES, PODEDES USAR O PHOTOCALL QUE HAI NA ENTRADA DO COLEXIO. DE SEGURO QUE VOS GUSTARÁ MOITO !!!
E NON SÓ O CELEBRAMOS NÓS! FAISE EN TODO O MUNDO E, DE FEITO, AQUÍ EN BETANZOS, XA HAI PROGRAMADAS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES
https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2022/03/biblofeira-dia-internacional-da-muller.html
ADEMAIS OS VOSOS COMPAÑEIROS DE 5º ESTREÁRONSE COMO VERDADEIROS LOCUTORES E TÉCNICOS DE RADIO ENTREVISTANDO Á ALCALDESA. CAL É A MULLER QUE MÁIS INFLUIU NELA? QUEREDES VELO?
https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2022/03/entrevista-senora-alcaldesa-de-betanzos.html
E PARA SEGUIR APRENDENDO SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA, TAMÉN O PODEDES FACER MEDIANTE ESTA UNIDADE DIDÁCTICA:
https://drive.google.com/file/d/1XKiJ96p2W24z8u8plluD1sTx9FSURitL/view?usp=sharing
Para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller" o alumnado de 5º realizou unha entrevista á señora alcaldesa de Betanzos María Barral.
Comezamos así a aventura da nosa radio escolar.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para nenos e nenas que teñan entre 6 e 12 anos. Animádevos a participar e non esquezades remitir os vosos escritos co lema
" Hoxe escribo sobre o meu pai".
Podedes consultar as bases no enlace: