Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO, realízase a convocatoria para 2023 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”.
03/03/2023
CONCURSO NACIONAL DE “CONTOS DE NENOS PARA NENOS” CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
23/02/2023
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Celebramos a unha MULLER, a unha escritora sen igual da nosa literatura e a un referente tamén na loita contra as desigualdades.
ROSALÍA reivindicou ÁS MULLERES , manifestou a súa ira CONTRA a PRECARIEDADE e soubo poñer diante dos lectores e lectoras a vida das máis vulnerables para darlles voz a través das protagonistas das súas obras: mozas, solteiras, vellas , e "viuvas de vivos", esas mulleres soas que decidiron deixar de agardar polo home que emigrou e non vai volver...
Pero hoxe, imos conmemorar este día lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre loita por sobrevivir. Ela chega a Padrón morta de fame e de frío e a pesares de que non ten case nada e de que os seus veciños lle negaron o que lles sobraba, consegue facer un humilde "Caldo de gloria" . Se queredes probar a facer este caldo, subide á Biblioteca e collede un marcapáxinas coa receita do andel do corredor.
Podedes ver a elaboración da receita neste enlace :
Tamén podedes ver aos marabillosos artistas de 2ºB, que recitaron e ilustraron un poema de Rosalía, nesta ocasión da obra Cantares Gallegos
11/02/2023
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
30/01/2023
DÍA DA ILUSTRACIÓN
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é a pintora galega María Antonia Dans.
22/12/2022
FELICES LECTURAS E BOAS FESTAS
E por fin, despois de tanto esforzo, chegaron as merecidísimas vacacións de Nadal. De seguro que vos apetecerá ler un ratiño. Aquí tendes algúns dos últimos títulos que mercamos na biblioteca e que vos recomendamos para calquera momento do ano.
Felices festas !
13/12/2022
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.
Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.
Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.
GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!
06/12/2022
LECTURAS COMPARTIDAS
Continúan as LECTURAS COMPARTIDAS diariamente na nosa biblioteca e, ás veces, traen sorpresas coma a que tiveron as rapazas e rapaces de 2ºE. Os seus padriños lectores de 6ºE lles prepararon a versión de CARAPUCHIÑA VERMELLA, de Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl e un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS.
Parabéns pola vosa implicación e traballo!!!
04/12/2022
25 NOVEMBRO
Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, no nosa escola realizáronse diversos traballos . A continuación podedes ver algúns.
25/11/2022
UNHA MASCOTA PARA CADA CULTURA
21/11/2022
CONCURSO DE CARTEIS DE NADAL
Coma cada ano, ó achegarnos a estas datas, chega unha nova edición do CONCURSO DE CARTEIS DO NADAL do Concello de Betanzos.
14/11/2022
LECTURAS COMPARTIDAS
Comezaron xa as LECTURAS COMPARTIDAS, actividade onde nenas e nenos de 1º e 2º son apadriñados polas rapazas e rapaces de 5º e 6º, respectivamente.
Cada quince días, xúntase na biblioteca para compartir lecturas, contos e intercambiar experiencias.
É, sen dúbida, unha das actividades máis enriquecedoras da biblioteca e que tiñamos moitas gañas de retomar tras estes dous anos.
11/11/2022
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
ESTAMOS DE NORABOA PORQUE CELEBRAMOS TODO UN MES DE CIENCIA NA BIBLIOTECA. É POR ISO QUE PODEDES VISITAR UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS COS QUE FACER EXPERIMENTOS OU OBTER DATOS CURIOSOS SOBRE OS ELEMENTOS DA NATUREZA, INDAGAR NA VIDA DAS CIENTÍFICAS E DOS CIENTÍCOS MÁIS IMPORTANTES OU ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE OS MELLORES INVENTOS DA HUMANIDADE.
TAMÉN PODEDES VISITAR OS ENLACES QUE PREPAROU BIBLIOTECAS ESCOLARES, NOS QUE TEDES ACCESO A MOITOS RECURSOS ON LINE.
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia
Grazas pola vosa participación !
LEO E MARIÑA ESTÁN ENCANTADOS PORQUE XA RECIBIRON AS VOSAS PROPOSTAS DE CARA A ELEXIR UNHA MASCOTA OU LOGO DO PAÍS QUE ESTADES A INVESTIGAR.
A PRÓXIMA SEMANA TOMARÁN UNHA DECISIÓN E DESPOIS PODEREDES USAR ESA IMAXE PARA TODOS OS TRABALLLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FAGADES EN CADA NIVEL.
03/11/2022
Leo e Mariña celebran o DÍA DO LECTOR e mandan unha nova misiva
As nosas mascotas andan moi activas últimamente e Leo e Mariña mandaron outra carta a todos os nenos e nenas do cole, nesta ocasión, para convidalos a visitar a biblioteca e deixar alí os seus debuxos e logos das mascotas dos países que estades a investigar. Esta é a carta, que tamén podedes ler nas vosas clases.

.png)






_page-0001.jpg)
