Este ano o lema elexido é “Dalle ritmo á igualdade”. Poderedes atopar os materiais didácticos que se preparan anualmente dende a Galicia para a realización nas aulas na seguinte ligazón :
24/03/2023
CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN "DALLE RITMO Á IGUALDADE"
20/03/2023
DÍA DA POESÍA E DÍA DO TEATRO
DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL
Hoxe estamos encantados de facer algo que realmente nos gusta, contar contos, historias, lendas, aventuras de personaxes de agora e de sempre que nos fan imaxinar historias fantásticas.
É por iso polo que LEO e MARIÑA comparten con vós algúns dos seus contos favoritos, escollidos de entre aqueles que lles enviaron, alén dos mares, os seus amigos espallados polas bibliotecas do mundo.
19/03/2023
PDI: MODO DE VIDA
17/03/2023
DÍA DO COMIC
Sabiades que o pasado 11 de xullo de 2022 acordouse declarar o día de hoxe, 17 de marzo, DÍA DO COMIC E DO TEBEO, recoñecendo así o papel dos seus profesionais no mundo da cultura?
Escolleuse esta data porque se considera que foi o inicio da revista de historietas TBO , todo un fenómeno da lectura de viñetas en España.
Leo e Mariña fixeron unha escolma dos mellores comics da Biblioteca e invítanvos a escoller un para levar e animarvos esta fin de semana.
Alumnos de 3ºB creando no Día do comic
15/03/2023
ADIANTÁMONOS AO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS : SEGURIDADE NO ENTROIDO
Este ano quixemos ser precavidos e antes de poñernos os nosos disfraces de Entroido, o alumnado de 3º e 4º aprendeu como deben ser as máscaras e complementos, que información debe vir reflexada nas etiquetas e que dereitos temos, como consumidores, se a nosa compra non resultou ser o que esperabamos.
Pero hoxe queremos animarvos a cantar unha canción que fala dos produtos da terra.
07/03/2023
SEMANA DA PRENSA: BOAS NOVAS AO REDOR DO PLANETA
Ao longo de esta semana, Leo e Mariña invítanvos a buscar na prensa escrita, xa sexa en papel ou en dixital, BOAS NOVAS ao redor do planeta, especialmente das zonas que eles queren visitar no verán (EEUU, Norte de Europa, Australia, China, Portugal, África, América do Sur, México, India e Xapón...)
Cando teñades esas BOAS NOVAS podedes traer o recorte ou a referencia da publicación e , entre todos e todas , encheremos o mapa colocado na entrada do colexio para descubrir cantas boas cousas suceden na Terra. Animádevos a participar!!!
Pero a viaxe de Leo e Mariña non é só por visitar países, senón que están interesados en averiguar datos e información sobre que pasaba antes, cales eran as noticias máis habituais... e indagando , indagando, caeu nas súas mans unha publicación antiga na que aparece un artigo que ten que ver co noso colexio. Queres atopalo? Preme no enlace:
https://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1981PDF/1981%20220_234.pdf
Sabes se o noso colexio, que este ano cumple 50 anos, saíu máis veces na prensa? Se é así, podes levar á biblioteca esas noticias e deixalas na bandexa que estará colocada ao lado de Leo.
03/03/2023
CONCURSO NACIONAL DE “CONTOS DE NENOS PARA NENOS” CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO, realízase a convocatoria para 2023 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”.
23/02/2023
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Celebramos a unha MULLER, a unha escritora sen igual da nosa literatura e a un referente tamén na loita contra as desigualdades.
ROSALÍA reivindicou ÁS MULLERES , manifestou a súa ira CONTRA a PRECARIEDADE e soubo poñer diante dos lectores e lectoras a vida das máis vulnerables para darlles voz a través das protagonistas das súas obras: mozas, solteiras, vellas , e "viuvas de vivos", esas mulleres soas que decidiron deixar de agardar polo home que emigrou e non vai volver...
Pero hoxe, imos conmemorar este día lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre loita por sobrevivir. Ela chega a Padrón morta de fame e de frío e a pesares de que non ten case nada e de que os seus veciños lle negaron o que lles sobraba, consegue facer un humilde "Caldo de gloria" . Se queredes probar a facer este caldo, subide á Biblioteca e collede un marcapáxinas coa receita do andel do corredor.
Podedes ver a elaboración da receita neste enlace :
Tamén podedes ver aos marabillosos artistas de 2ºB, que recitaron e ilustraron un poema de Rosalía, nesta ocasión da obra Cantares Gallegos
11/02/2023
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
30/01/2023
DÍA DA ILUSTRACIÓN
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é a pintora galega María Antonia Dans.
22/12/2022
FELICES LECTURAS E BOAS FESTAS
E por fin, despois de tanto esforzo, chegaron as merecidísimas vacacións de Nadal. De seguro que vos apetecerá ler un ratiño. Aquí tendes algúns dos últimos títulos que mercamos na biblioteca e que vos recomendamos para calquera momento do ano.
Felices festas !
13/12/2022
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.
Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.
Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.
GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!
06/12/2022
LECTURAS COMPARTIDAS
Continúan as LECTURAS COMPARTIDAS diariamente na nosa biblioteca e, ás veces, traen sorpresas coma a que tiveron as rapazas e rapaces de 2ºE. Os seus padriños lectores de 6ºE lles prepararon a versión de CARAPUCHIÑA VERMELLA, de Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl e un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS.
Parabéns pola vosa implicación e traballo!!!
04/12/2022
25 NOVEMBRO
Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, no nosa escola realizáronse diversos traballos . A continuación podedes ver algúns.