18/09/2023

Hoxe presentamos... ANIMALIA

Queremos iniciar esta nova sección, na que iremos dando a coñecer libros de banda deseñada que podes atopar na nosa biblioteca, cun proxecto elaborado polo betanceiro Xosé Tomás. Agardamos que vos guste.
COLECCIÓN ANIMALIA de Biblioteca Vales Villamarín


MATERIAL COMPLEMENTARIO









11/09/2023

Unha biblioteca escolar en viñetas

Arrancamos este curso escolar dando a coñecer o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia elixido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.


Así mesmo, deixámosvos unha escolma de libros de banda deseñada que podedes atopar na nosa biblioteca escolar.

18/06/2023

AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS

 Un grupo de rapazas de 5º prepararon no seu tempo de lecer unha adaptación do conto  AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS, de Ilán Brenman e Ionit Ziberman. Tras moitos ensaios, representárono para os seus compañeiros de 2º de E.Primaria na biblioteca.

Parabéns polo voso traballo!!




14/06/2023

KAMISHIBAI

 Nenas e nenos de 2º prepararon uns KAMISHIBAIS de contos que todos coñecemos:

PONTE NO MEU LUGAR, de Susanna Isern e Milene Rigaudie


O MONSTRO DE CORES, de Anna LLenas

A VACA QUE PUXO UN OVO, de Andy Cutbill e Russell Ayto.


e outros completamente orixinais:
CORAZÓNS ROTOS, das nenas e nenos de 2ºE



A HISTORIA DE NON MENTIR, das nenas e nenos de 2ºA

 
O SOÑO DO DODO, das nenas e nenos de 2º A




08/06/2023

ENQUISAS AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA

 

ENQUISA 

Xa vai rematando o curso e o Equipo de Biblioteca quere preguntarvos a vosa opinión sobre o funcionamento da mesma.

Moitísimas grazas pola vosa COLABORACIÓNÉ imprescindible para seguir avanzando.



                   

O profesorado de Infantil preme  neste enlace :


O profesorado de Primaria preme neste enlace:


09/05/2023

STORYTELLING &WORKSHOP

Con motivo da celebración, o pasado 25 de abril, do "Día da Lingua Inglesa", dende a Biblioteca de Infantil organizaron un contacontos e un obradoiro para aprender as partes da cara en Inglés.


 Pica na imaxe para ver os videos.

03/05/2023

AXENDA CULTURAL DE MAIO NO CONCELLO DE BETANZOS

 

Este mes preséntase cargado de actividades culturais, entre elas a celebración das Letras Galegas, adicadas este ano á figura de FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO


Se queredes consultar toda a programación, visitade a  páxina do Concello ou a Aula Virtual da Biblioteca no seguinte enlace: 

02/05/2023

"EU SON PORTADA" E "PINTA A LECTURA"

 Para rematar coas actividades propostas para a celebración do Día no Libro, deixámosvos a recompilación de fotos de todas e todos os que participastes nas actividades "EU SON PORTADA" e "PINTA A LECTURA".




MOITAS GRAZAS!!!

As mestras de 4º de E.I queren agradecer ás familias a súa colaboración e, para elas, fixeron este vídeo.




28/04/2023

ONCE UPON A TIME...

This week in our library, to celebrate the Book`s day, pupils from 6th and 5th level prepare with the lenguage asistant, Sofía, two tales A taste of the moon and The story of the little Mole, to read to other classes in their level and for 4th level, too.

Teacher Xan prepare tales to read to his pupils.


Click on the image to see it


And....surprise!!







25/04/2023

CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

A Federación de ANPAS Compostela  organiza o CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.

Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e  as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida.

Toda a información sobre as bases do concurso, o formulario de inscrición e os documentos de autorización necesarios están accesibles na web deste concurso:

http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/inscricions/

O prazo estará aberto ata o 16 de maio.

24/04/2023

LECTURAS COMPARTIDAS. CREANDO CONTOS

 Para conmemorar o Día do Libro as parellas de Lecturas Compartidas escribiron os seus propios contos. 

Foi unha actividade na que pequenos e grandes xuntaron as súas ideas, se axudaron e complementaron  para crear uns Minicontos únicos, que poderedes ler na nosa BIBLIOTECA.


14/04/2023

QUINCENA DO LIBRO : CELEBRÁMOLO COMO SE MERECE


O 23 de Abril celébrase o Día do Libro e dos dereitos do autor, pero nós imos adicar a última quincena do mes a reivindicar o seu valor. Como ? pois a través de distintas actividades. Podedes facer todas as que vos propoñemos ou elexir as que máis vos gusten. O caso é desfrutalas!!!
DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR de bibliotecavales

12/04/2023

CONCURSO DE DEBUXO "O MEU COLEXIO"

CELEBRA O NOSO 50 ANIVERSARIO E PARTICIPA NA EXPOSICIÓN

III Convocatoria de Premios FEAE Galicia

O obxectivo principal da convocatoria e dar visibilidade e difusión ás boas prácticas que se fan en GaliciaAdemáis dun premio en metálico e da  publicación da experiencia na revista de educación  Dyle, as propostas gañadoras poderán disfrutar dun lote de libros para a Biblioteca.



MESTRES E MESTRAS, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!! 

Consultade as bases no seguinte enlace: 

 http://www.feaegalicia.com/2023/02/premios-forum-europeo-galicia-2022-2023.html

6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


 6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. 

Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos de antemán.

Inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.



O prazo de recepción rematará o 23 de xuño de 2023.

PARA COÑECER AS BASES, ACCEDE A AULA VIRTUAL DA BIBLIO NO SEGUINTE ENLACE: