Libros para ler, pensar e actuar.
25 de Novembro. Día Internacional da eliminación da violencia contra a MULLER.
Libros para ler, pensar e actuar.
25 de Novembro. Día Internacional da eliminación da violencia contra a MULLER.
Aquí vos traemos outra fermosa colección de bada deseñada para que o pasedes en grande. Recorda que podes atopar estos libros na biblioteca.
Mira este gran carballo: desde as súas finas raíces ata as súas ramas máis altas, é como un edificio en cuxos pisos podemos descubrir novos inquilinos. Algúns atopan alí o seu alimento, outros se esconden para poder criar aos seus pequenos. Moitos outros se refuxian dos seus depredadores entre as súas ramas. Algunhas plantas viven grazas a el, e os insectos abundan ao seu ao redor. Lendo este libro coñeceremos o pequeno mundo da árbore e descubriremos que mamíferos, que aves e que cogomelos viven alí.
Na nosa biblioteca poderedes atopar un clásico entre os clásicos, as tiras de MAFALDA nunca pasan de moda.
Aquí vos traemos unha nova colección que agardamos que vos encante. E non o esquezas, podes atopala na nosa biblioteca.
Os Futbolísimos enfróntanse ao maior reto ata a data: durante a inauguración da Exposición «Tesouros do Antigo Exipto», e xusto cando eles se atopan na cámara do faraón, alguén rouba a xoia máis valiosa. Terán que demostrar a súa inocencia e descubrir quen está detrás do roubo. Por se isto fose pouco, o equipo de fútbol está a piques de desaparecer por mor da falta de diñeiro. Terá algo que ver unha cousa coa outra? Salvarase o Monte Alto con algunha solución de última hora?
Queres coñecer á avoa de Ben? Seguro que che parecerá a típica avoíña de manual:
E algo máis...
É unha ladroa de xoias perseguida a nivel internacional!
A mellor fin de semana do ano está a piques de converterse en catastrófico. Que todo volva á normalidade só depende dos Futbolísimos.
Ía ser unha fin de semana inesquecible, deses que fan época, porque xogabamos o último partido da tempada: nenos contra pais; pola tarde iamos ao Vicente Calderón a ver a final da Copa, e o mellor de todo: o Circo do Lume estaba en Sevilla A Moza!Pero empezaron os incendios e todo o mundo púxose moi nervioso. Tiñamos que descubrir ao culpable por moito motivos pero, sobre todo, porque somos os Futbolísimos e sempre imos estar xuntos.
CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS, NON SO NA DO VALES, SENÓN EN TODAS AS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA. POR ISO, SE VINDES AO DO COLE, PODEDES CONSULTAR UN DOSSIER COAS ACTIVIDADES QUE PREPARARON EN MOITAS DELAS. TOMADE NOTA, E ANIMADE ÁS VOSAS FAMILIAS A VISITAR ALGUNHA DELAS.
NA BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA MONTAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA EXPERIMENTAR, INVESTIGAR E GOZAR!!! PODEDES LEVALOS PARA CASA E FACER ALGÚN EXPERIMENTO, ACOMPAÑADOS DUN ADULTO. SE VOS APETECE, PODEDES MANDAR UN VIDEO DO VOSO EXPERIMENTO A : bibliotecavales@gmail.com
Aquí vos traemos outra interesante colección de banda deseñada que non poderás deixar de ler. E podes atopala na biblioteca do cole!