21/01/2015

Roque, o carteiro. Un conto para a PAZ

Nenas e nenos de infantil e primaria do noso colexio, coordinados polas profes de infantil, interpretan para todos nós este bonito conto para a PAZ.


Roque, o carteiro


10/12/2014

3 de decembro. Día das Persoas con Discapacidade

Un ano máis, conmemoramos o Día das persoas con Discapacidade.
Este ano dúas obras centraron a nosa atención e nos axudaron a reflexionar: Las ciudades de colores e Cuerdas.
Ademais da labor de reflexión e creación arredor delas, decidimos realizar unha gran cadea que unira a todo o colexio, como símbolo de que cada un de nós é unha parte importante do entorno e que enlazados uns cos outros podemos mellorar o noso mundo.



Se premedes aquí podedes ver as cidades de cores que realizaron os nenos e as nenas de infantil.

28/11/2014

Nenos? Nenas? PERSOAS

No Vales sabemos que todos somos diferentes, temos distintos gustos, capacidades, costumes, ...
Estas diferencias son as que enriquecen a nosa sociedade e nos fan progresar.
Tamén sabemos que somos iguais, porque todos e todas somos persoas e todos/as temos os mesmos dereitos.
Estes últimos días estivemos lendo, pensando e reflexionando sobre homes e mulleres, nenas e nenos. Estas son algunhas das conclusións ás que chegamos:







24/11/2014

Premio Nacional de Educación no ensino non universitario

Ao noso colexio acaban de concederlle o "Premio Nacional a la Inclusión del Alumnado con Necesidades Educativas Especiales" co proxecto de Atención á diversidade a través da sensibilización e a formación permanente.
Sentímonos moi contentos por esta distinción porque é unha demostración de que Xuntos podemos como sinalaba o lema do Proxecto Documental Integrado que viñemos desenvolvendo nos dous últimos cursos.
Neste enlace podedes ver o proxecto completo.



21/11/2014

Novo recuncho de lectura. A biblioteca exténdese.

No colexio temos un novo recuncho para a lectura.
Está situado na entrada e pensado para que os adultos aproveiten calquera momento de espera para poder ler, porque, como di o lema das nosas mascotas: Ler é xogar, ler é disfrutar.


Ademais non debemos esquecer que os nosos nenos e nenas aprenden vendo o que nós facemos: Se ti les, eles len.

Animádevos a probalo, é cómodo e agradable.

31/10/2014

Xa temos os carnés novos

Outubro é o mes das Bibliotecas Escolares.
É un mes moi especial porque comezan as actividades na nosa biblioteca.
Nestes últimos días acudimos cos nosos compañeiros e os/as profes para que nos entregaran os carnés novos.
Tivemos que pasar varias probas para demostrar que somos uns bos usuarios da biblioteca. Superámolas todas!


24/10/2014

Poema sobre as bibliotecas

Este é un poema de Carmen Gil.
Lédeo e "xogade" con el.

LA BIBLIOTECA ESCOLAR
 
Nos encanta visitar
la biblioteca escolar:
tiene libros a montones
¡y magia por los rincones!
 
Pasean por todos lados
personajes encantados
y hay en sus estanterías
hechizos y brujerías.
 
Vive encima de la mesa
Filomena, la princesa,
que, hartita de ceremonia,
se ha ido a explorar la Amazonia.
 
Cerca del ordenador,
el pirata Nicanor
encuentra un libro precioso.
¿Hay tesoro más valioso?
 
En la pata de una silla
la bruja de pacotilla
convierte en sapo a un maestro
y encanta a diestro y siniestro.
 
Brinca y salta el hada Hilaria
junto a la bibliotecaria;
pero como es pequeñita,
no puede con la varita.
 
Un dragón hecho y derecho
baja volando del techo
y hace una pizza, feliz,
con llamas de su nariz.
 
En la biblio hay diversión,
aventura y emoción;
y, lectores y lectoras,
¡pasan volando las horas!

Día das Bibliotecas escolares

Mafalda acaba de cumprir 50 anos, tan de actualidade coma cando foi creada por Quino, que este ano recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

 Esta é unha das súas reflexións:


A vos que vos parece?

17/10/2014

As mochilas vixeiras comenzan a súa andaina

Dende a biblioteca as mochilas viaxeiras chegaron ás aulas de 2º de E. Primaria para comezar a súa camiñata polas casas do noso alumnado.


As mochilas viaxeiras teñen como obxectivo fomentar a lectura en familia.
A actividade ten caracter voluntario entre as familias. Neste momento son 89 nenos e nenas os que están anotados para participar e 9 mochilas as que están de camiño.
Esperamos que disfruten dos materiais que van nelas e que o pasen moi ben escribindo ou debuxando nos cadernos dos que dispoñen para anotar opinións, comentarios, poemas, ilustracións,…



11/10/2014

As caixas viaxeiras chegan ás aulas

De novo as caixas viaxeiras chegan ás aulas.
30 caixas que conteñen 30 "tesouros" en forma de libros que a biblioteca pon a disposición de cada titoría para que nenas e nenos poidan disfrutar deles durante a Hora de Lectura.

As caixas son revisadas e actualizadas na biblioteca.


Chegan ás aulas, onde as reciben con alegría, desexando coñecer o seu contido.

Os libros saen das caixas para poder velos e lelos.


Sacádelle proveito a cada un dos tesouros!!

12/09/2014

Comeza un novo curso


En breve teredes nas aulas as Caixas viaxeiras, comezaremos as lecturas compartidas, recordaremos como se usa a biblioteca, haberá un carné novo e... algunha sorpresiña máis.

18/06/2014

Familias do mundo II

Publicamos máis traballos de investigación sobre os costumes familiares en diversos países do mundo.

Familias do mundo I

Despois de estudar como son as nosas familias preguntámonos como estarán organizadas as doutras partes do mundo e descubrimos cousas ben interesantes.
Nenas e nenos de 6º D achégannos a unha familia xaponesa e a outra rusa dun xeito moi orixinal.


(Preme nas imaxes e verás as gravacións)
 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=6956
 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=6957
 
 
Outro grupo non tivo tempo de gravar a presentación, pero deixounos un guión ben interesante sobre o pobo Tarahumara:


https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxiaWJsaW90ZWNhdmFsZXN8Z3g6MjRmNzUyM2U5ZTUyMmYxOQ

16/06/2014

Grazas, colaboradores

Os colaboradores da biblioteca posan coas súas novas camisetas, satisfeitos pola labor ben feita.

63 colaboradores, 63 soles