28/04/2023

ONCE UPON A TIME...

This week in our library, to celebrate the Book`s day, pupils from 6th and 5th level prepare with the lenguage asistant, Sofía, two tales A taste of the moon and The story of the little Mole, to read to other classes in their level and for 4th level, too.

Teacher Xan prepare tales to read to his pupils.


Click on the image to see it


And....surprise!!







25/04/2023

CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

A Federación de ANPAS Compostela  organiza o CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.

Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e  as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida.

Toda a información sobre as bases do concurso, o formulario de inscrición e os documentos de autorización necesarios están accesibles na web deste concurso:

http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/inscricions/

O prazo estará aberto ata o 16 de maio.

24/04/2023

LECTURAS COMPARTIDAS. CREANDO CONTOS

 Para conmemorar o Día do Libro as parellas de Lecturas Compartidas escribiron os seus propios contos. 

Foi unha actividade na que pequenos e grandes xuntaron as súas ideas, se axudaron e complementaron  para crear uns Minicontos únicos, que poderedes ler na nosa BIBLIOTECA.


14/04/2023

QUINCENA DO LIBRO : CELEBRÁMOLO COMO SE MERECE


O 23 de Abril celébrase o Día do Libro e dos dereitos do autor, pero nós imos adicar a última quincena do mes a reivindicar o seu valor. Como ? pois a través de distintas actividades. Podedes facer todas as que vos propoñemos ou elexir as que máis vos gusten. O caso é desfrutalas!!!
DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR de bibliotecavales

12/04/2023

CONCURSO DE DEBUXO "O MEU COLEXIO"

CELEBRA O NOSO 50 ANIVERSARIO E PARTICIPA NA EXPOSICIÓN

III Convocatoria de Premios FEAE Galicia

O obxectivo principal da convocatoria e dar visibilidade e difusión ás boas prácticas que se fan en GaliciaAdemáis dun premio en metálico e da  publicación da experiencia na revista de educación  Dyle, as propostas gañadoras poderán disfrutar dun lote de libros para a Biblioteca.



MESTRES E MESTRAS, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!! 

Consultade as bases no seguinte enlace: 

 http://www.feaegalicia.com/2023/02/premios-forum-europeo-galicia-2022-2023.html

6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


 6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. 

Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos de antemán.

Inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.



O prazo de recepción rematará o 23 de xuño de 2023.

PARA COÑECER AS BASES, ACCEDE A AULA VIRTUAL DA BIBLIO NO SEGUINTE ENLACE:

31/03/2023

PRESENTACIÓN. A PANTASMA COLORIDA

O venres, 31 de marzo, tivemos a visita na biblioteca das autoras do libro A PANTASMA COLORIDA, Gema García e Rocío Pedreira. 
Compartiron con nós unha mañá, na que visitaron ás rapazas e rapaces de Educación Infantil e de 1º de Primaria.
Da súa man coñecimos a unha pantasma moi especial. Se vós a queredes coñecer visitade a biblioteca, alí a atoparedes.
A pantasma colorida de bibliotecavales

AXENDA CULTURAL DE ABRIL

Non sabedes que facer nas próximas vacacións? Aquí tendes un montón de boas ideas culturais que pagan a pena facer. 


 

Se queredes saber máis, premede no enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/pluginfile.php/26427/mod_resource/content/1/Axenda%20Cultural%20do%20Concello%20de%20Betanzos.%20Abril%20.pdf

29/03/2023

Concurso de Microrrelatos e de Producción Artística

 

Este ano celébrase o 25 aniversario da Unidade de  Asistencia Integral a Cardiopatías Conxénitas Infantiles do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e organizan dúas actividades das que nos convidan a participar.

Concurso de microrrelatos ¿Qué siente tu corazón?

Concurso de producción artística ¿Qué siente tu corazón?

Para coñecer as bases, preme nos seguintes enlaces: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/pluginfile.php/26430/mod_resource/content/1/Bases%20dos%20Concursos%20de%20Microrrelatos%20e%20Creaci%C3%B3n%20art%C3%ADstica.pdf




24/03/2023

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN "DALLE RITMO Á IGUALDADE"


A
 CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN, é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, co obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo.

Este ano o lema elexido é “Dalle ritmo á igualdade”. Poderedes atopar os materiais didácticos que se preparan anualmente dende a Galicia para a realización nas aulas na seguinte ligazón :

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/pluginfile.php/26422/mod_resource/content/1/Material%20did%C3%A1ctico%20Dalle%20ritmo%20%C3%A1%20igualdade.pdf

20/03/2023

DÍA DA POESÍA E DÍA DO TEATRO

O Día Mundial da poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, recórdanos que esta forma de expresión de ideas, pensamentos e sentimentos practícase en todas as culturas e en todos os continentes.

Tamén en todos os continentes hai grandes teatros nos que o público disfruta das obras que son representadas. Nós, no noso cole, facemos tamén as nosas funcións e estamos a preparar algunha sorpresa para a primavera.
Celebramos o Día da poesía de bibliotecavales

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

 Hoxe estamos encantados de facer algo que realmente nos gusta, contar contos, historias, lendas, aventuras de personaxes de agora e de sempre que nos fan imaxinar historias fantásticas. 

É por iso polo que LEO e MARIÑA comparten con vós algúns dos seus contos favoritos, escollidos de entre aqueles que lles enviaron, alén dos mares, os seus amigos espallados polas bibliotecas do mundo.



CONTO DE ESTADOS UNIDOS

   

CONTO DE PAÍSES NÓRDICOS



CONTO DE AUSTRALIA  


CONTO  MUSICADO: CHINA



CONTO PORTUGUÉS


CONTO AFRICANO AMBIENTADO EN AMÉRICA DO SUR CONTO MEXICANO


CONTO DA INDIA


CONTO XAPONÉS

19/03/2023

PDI: MODO DE VIDA

Este segundo trimestre estivo cheo de actividades e investigacións sobre o modo de vida nas distintas culturas e tamén nos deu tempo a divertirnos durante o Entroido coñecendo, máis polo miúdo, como é a vestimenta nestes países. 

Deixámovos agora un video que vos vai a encantar porque nel poderedes aprender moitas máis cousas sobre os nenos e nenas que teñen unha vida diferente ás vosas.



   

17/03/2023

DÍA DO COMIC

 


Sabiades que o pasado 11 de xullo de 2022 acordouse declarar o día de hoxe, 17 de marzo, DÍA DO COMIC E DO TEBEO, recoñecendo así o papel dos seus profesionais no mundo da cultura? 

Escolleuse esta data porque se considera que foi o inicio da revista de historietas TBO ,  todo un fenómeno da lectura de viñetas en España.

Leo e Mariña fixeron unha escolma dos mellores comics da Biblioteca e invítanvos a escoller un para levar e animarvos esta fin de semana.


                                         Alumnos de 3ºB creando no Día do comic