12/01/2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - XANEIRO

O novo ano chegou cargado de historias, aventuras e moita ilusión lectora. Como cada mes, o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín participou na sección de recomendacións lectoras do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca, compartindo aqueles libros que máis lles gustaron e que consideran unha excelente opción para outros lectores e lectoras.

Neste mes de xaneiro, as propostas lévannos a mundos cheos de maxia, aventuras e descubrimentos.

Uxia Seijas, de 5º D, recomendou Iris y Luna. Cuidadoras de cachorritos mágicos, unha historia entretida e chea de intriga que, ademais, transmite valores relacionados coa autonomía persoal e a importancia de tomar decisións propias. Pola súa banda, Lucía Mariño, de 4º D, escolleu Secreto de bruja. La magia de la luna, unha aventura máxica protagonizada por Mia, unha rapaza que debe aprender a controlar os seus poderes coa axuda dos seus amigos. Finalmente, Xaime Fernández, tamén de 4º D, recomendou a adaptación de A volta ao mundo en 80 días, unha emocionante viaxe inspirada na obra de Jules Verne que combina aventura, xeografía e moitas sorpresas.

Estas recomendacións seguen demostrando que a lectura é unha magnífica porta de entrada á imaxinación, ao coñecemento e á diversión. Grazas ás achegas do noso alumnado, outros nenos e nenas poden descubrir novas lecturas e atopar historias que os acompañen ao longo do curso.

Desde a biblioteca escolar queremos felicitar a Uxia, Lucía e Xaime por compartir as súas experiencias lectoras e agradecer ao xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca que continúe ofrecendo este espazo para dar voz ás lectoras e lectores máis novos.

Comezamos o ano viaxando entre páxinas, descubrindo mundos máxicos e vivindo grandes aventuras. Grazas por seguir facendo medrar a nosa comunidade lectora!


Betanzos e a súa comarca. Xaneiro 2026 (398)


09/01/2026

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

    
  
  
 

Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura! 

08/01/2026

VENRES DE HISTORIAS E MUSICAIS

COMEZAMOS ESTE 2026 CON MOITA ILUSIÓN PORQUE ESTAMOS CERTOS DE QUE IMOS  ENCHER OS RECREOS DOS VENRES  DE FANTÁSTICAS HISTORIAS E DE BOÍSIMA MÚSICA EN DIRECTO,  DA MAN DOS MELLORES CONTACONTOS E ARTISTAS DO COLEXIO ! 


Biblioteca de Leo e Mariña

12/12/2025

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

    
  
  
  
  
   



Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura! 

09/12/2025

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

   
  
  
  
  
  


Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura! 

08/12/2025

"EL DÍA MÁS CORTO" [ED+C]

Ola, amigas e amigos!

Hoxe Leo e Mariña veñen moi emocionados porque queren contarvos algo moi especial…

Sabíades que o 21 de decembro é o día máis curto do ano?
Pois ademais de comezar o inverno ❄️, ese día celébrase a 13ª edición de El Día Más Corto [ED+C], unha gran festa do cinema en formato curto 🎥

Leo descubriuno mentres ordenaba uns libros de cine na biblioteca:
—«Mariña, sabías que hai películas moi curtiñas que contan historias incríbles en poucos minutos?»

Mariña sorriu e respondeu:
—«Si! Chámanse curtametraxes, e son perfectas para soñar, rir, pensar e emocionarnos, aínda que duren moi pouco.»

Que é "El Día Más Corto" [ED+C]?
É un día no que persoas de todo o mundo ven e comparten curtametraxes en escolas, bibliotecas e centros culturais. Hai historias divertidas, emocionantes, sorprendentes… ¡e para todas as idades!

A Leo e Mariña gústalles esta celebración porque:

  • As historias son breves pero moi intensas.

  • Axúdannos a imaxinar e crear.

  • Permiten falar do que sentimos e pensamos.

  • Demostran que non fai falta moito tempo para contar algo importante.

Desde a nosa biblioteca, Leo e Mariña anímannos a descubrir o mundo das curtametraxes, a comentalas cos compañeiros e compañeiras… e incluso a inventar as nosas propias historias curtas!

Tedes máis información sobre este proxecto no seguinte enlace: El día más corto - [ED+C] 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - DECEMBRO

Co remate do primeiro trimestre e a chegada das vacacións de Nadal, o alumnado do Vales continuou compartindo as súas lecturas favoritas a través da sección de recomendacións lectoras do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca.

Neste mes de decembro, as propostas abranguen diferentes xéneros e temáticas, demostrando unha vez máis a variedade de intereses e gustos lectores do noso alumnado.

Daniela Pita, de 6º A, recomendou Puffy e Brunilda. Unha pinga de maxia, unha divertida historia chea de maxia, aventuras e personaxes entrañables. Pola súa banda, Simón Gilsanz, tamén de 6º A, escolleu Invisible, unha novela emocionante que invita á reflexión sobre a empatía, os sentimentos e as situacións que moitas veces pasan desapercibidas aos ollos dos demais. Finalmente, Iria Ruíz, de 5º C, presentounos Misterios a domicilio. Una estrella estrellada, unha aventura chea de misterio e humor protagonizada por un grupo de amigos que non dubidan en axudarse mutuamente.

Estas recomendacións son unha mostra do importante papel que desempeña a lectura no noso centro, non só como ferramenta de aprendizaxe, senón tamén como fonte de diversión, emocións e reflexións compartidas.

Desde a biblioteca escolar queremos agradecer a Daniela, Simón e Iria a súa participación e felicitalos por animar a outros lectores e lectoras a descubrir novas historias.

Despedimos o ano entre libros, aventuras e moita imaxinación. Grazas ás nosas lectoras e lectores por seguir compartindo as súas recomendacións e facendo medrar a nosa comunidade lectora.


Betanzos e a súa comarca. Decembro 2025 (397)



05/12/2025

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

   
  
  
  
         

Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura!