Hoxe, no VENRES DE HISTORIAS, imos pasar un bo rato cunha curtametraxe titulada OS SETE CABRITOS, que forma parte dos CONTOS DO CAMIÑO da editorial OQO.
09/12/2021
02/12/2021
VENRES DE HISTORIAS. O OSO E O PIANO
Continúan os VENRES DE HISTORIAS cunha fermosa historia de AMIZADE titulada O OSO E O PIANO de David Litchfield.
Claudia e Moisés de 4º B así o comparten con todo nós.
01/12/2021
BIBLOFEIRA ESPECIAL 3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A nosa vida é mellor cando a compartimos e disfrutamos respectando á diversidade. Na biblioteca atoparedes moitos libros que nos falan das distintas capacidades que temos as persoas e de como superar as dificultades que nos van xurdindo.
día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales
25/11/2021
VENRES DE HISTORIAS. TOUPICIENCIA
Hoxe, compartimos con vós non unha curta, se non toda unha serie de 8 curtametraxes de divulgación científica: TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN.
Nelas aprenderedes sobre a rotación da Terra, os átomos, os sentidos... e moitas cousas máis
Clicade na imaxe para acceder a elas
Contacontos-concerto virtual a prol da non violencia contra as mulleres
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
https://www.educarenigualdad.org/documento/?id=4778
Por último, queremos facervos unha doble invitación, a primeira, a visitar a biblioteca e ver a exposición que temos para celebrar o 25 de novembro e a segunda é a participar na convocatoria que nos fai a ONU. https://observatorioviolencia.org/pinta-el-mundo-de-naranja/
18/11/2021
VENRES DE HISTORIAS. TIO LOBO
Están de volta os VENRES DE HISTORIAS!!
Por riba de virus, grupos burbulla, normas, distancias e protocolos están as gañas de estar xuntos e compartir contos e historias.
Comezamos coa adaptación que XOSÉ BALLETEROS fixo do conto italiano TIO LOBO, que está publicado pola editorial KALANDRAKA e podedes atopar na biblioteca.
ADRIANA E LOLA de 6ºB fan, para todos nós, unha fantástica e nova interpretación.
Grazas polo voso traballo!!!
15/11/2021
BIBLOFEIRA ESPECIAL CIENCIA EN GALEGO
14/11/2021
NO SAMAÍN COCIÑAMOS DE MEDO !
XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!!!
Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra " Virtudes (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai.
A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.
Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler.
Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.
Xesús tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!
SABADOS MIÚDOS : "CONTOS DO CHUPETE"
Este sábado 20 de novembro de 2021 ás 12:00 h na Aula de Usos Múltiples terá lugar o contacontos “Contos do chupete” por conta de Migallas Teatro dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados Miúdos do Concello de Betanzos.
O contacontos está destinado a nenos e nenas de ata 4 anos e as súas familias e ten unha duración de 35 minutos. A actividade ten 15 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de 2 persoas adultas.
O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde as 10:00 h desde o 15 ao 18 de novembro de 2021 e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.
03/11/2021
DÍA DO LECTOR EN HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS
No Calendario do Libro e a Lectura 2021 aparece, por primeira vez, o 3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas.
O noso cole tivo a grandísima sorte de contar coa presencia do autor antes de que el morrese e queremos celebrar este día recuperando esta visita inesquecible.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=49
29/10/2021
24/10/2021
24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS
19/10/2021
EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS
A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.
A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".









