10/01/2022
UN NADAL DE ESTRELAS
16/12/2021
BIBLOFEIRA "UN NADAL DE NOVIDADES"
DE SEGURO QUE TEDES MOITÍSIMAS GANAS DE QUE CHEGUEN AS VACACIÓNS DE NADAL, NON SI? ADEMAIS É UN MOMENTO ESTUPENDO PARA DISFRUTAR DA COMPAÑA DA FAMILIA, DOS AMIGOS E DOS LIBROS.
QUE LIBRO ESCOLLER? DEPENDE, SOBRETODO, DE ATOPAR UN LIBRO OU UN AUTOR QUE VOS FAGA PASALO BEN MENTRES O LEDES, QUE VOS FAGA SENTIR E IMAXINAR, QUE VOS GUSTE TANTO QUE LLO TEÑADES QUE CONTAR A ALGUÉN.
PERO...POR SE NON VOS OCORRE NADA, O EQUIPO DE BIBLIOTECA MERCOU UNHA CHEA DE LIBROS NOVOS. QUE VOS PARECEN ?
15/12/2021
CONCURSO DE CARTAS DE NADAL
O Concello de Betanzos organiza por cuarto ano este IV Concurso de cartas aos Reis Magos .
As cartas poderán depositarse entre o 1 e o 20 de decembro nas caixas de correo real que estarán na entrada do colexio e os Reis Magos responderanlles a todos os nenos e nenas que depositen a carta con todos os datos postais.
As bases completas do IV Concurso de cartas aos Reis Magos poden consultarse na páxina web, www.betanzos.gal, na sede electrónica, https://sede.betanzos.es, e no taboleiro de anuncios das Oficinas Xerais do Edificio Arquivo. Tamén se pode solicitar máis información do concurso no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.
13/12/2021
CONTO "O GALO TRAGANOCES"
Gracias á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto O galo traganoces , de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai a encantar !
09/12/2021
VENRES DE HISTORIAS. OS SETE CABRITOS
Hoxe, no VENRES DE HISTORIAS, imos pasar un bo rato cunha curtametraxe titulada OS SETE CABRITOS, que forma parte dos CONTOS DO CAMIÑO da editorial OQO.
02/12/2021
VENRES DE HISTORIAS. O OSO E O PIANO
Continúan os VENRES DE HISTORIAS cunha fermosa historia de AMIZADE titulada O OSO E O PIANO de David Litchfield.
Claudia e Moisés de 4º B así o comparten con todo nós.
01/12/2021
BIBLOFEIRA ESPECIAL 3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A nosa vida é mellor cando a compartimos e disfrutamos respectando á diversidade. Na biblioteca atoparedes moitos libros que nos falan das distintas capacidades que temos as persoas e de como superar as dificultades que nos van xurdindo.
día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales
25/11/2021
VENRES DE HISTORIAS. TOUPICIENCIA
Hoxe, compartimos con vós non unha curta, se non toda unha serie de 8 curtametraxes de divulgación científica: TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN.
Nelas aprenderedes sobre a rotación da Terra, os átomos, os sentidos... e moitas cousas máis
Clicade na imaxe para acceder a elas
Contacontos-concerto virtual a prol da non violencia contra as mulleres
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
https://www.educarenigualdad.org/documento/?id=4778
Por último, queremos facervos unha doble invitación, a primeira, a visitar a biblioteca e ver a exposición que temos para celebrar o 25 de novembro e a segunda é a participar na convocatoria que nos fai a ONU. https://observatorioviolencia.org/pinta-el-mundo-de-naranja/
18/11/2021
VENRES DE HISTORIAS. TIO LOBO
Están de volta os VENRES DE HISTORIAS!!
Por riba de virus, grupos burbulla, normas, distancias e protocolos están as gañas de estar xuntos e compartir contos e historias.
Comezamos coa adaptación que XOSÉ BALLETEROS fixo do conto italiano TIO LOBO, que está publicado pola editorial KALANDRAKA e podedes atopar na biblioteca.
ADRIANA E LOLA de 6ºB fan, para todos nós, unha fantástica e nova interpretación.
Grazas polo voso traballo!!!
15/11/2021
BIBLOFEIRA ESPECIAL CIENCIA EN GALEGO
14/11/2021
NO SAMAÍN COCIÑAMOS DE MEDO !
XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!!!
Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra " Virtudes (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai.
A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.
Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler.
Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.
Xesús tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!
SABADOS MIÚDOS : "CONTOS DO CHUPETE"
Este sábado 20 de novembro de 2021 ás 12:00 h na Aula de Usos Múltiples terá lugar o contacontos “Contos do chupete” por conta de Migallas Teatro dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados Miúdos do Concello de Betanzos.
O contacontos está destinado a nenos e nenas de ata 4 anos e as súas familias e ten unha duración de 35 minutos. A actividade ten 15 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de 2 persoas adultas.
O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde as 10:00 h desde o 15 ao 18 de novembro de 2021 e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.





