14/05/2024
MÉRCORES DE HISTORIAS, LETRAS GALEGAS
13/05/2024
Hoxe presentamos...PÁJARO BLANCO
Hoxe traémosvos a primeira novela gráfica de J.R.Palacio que ten un simbolismo tan potente que é capaz de traernos do pasado unha valiosísima mensaxe.
A avoa de Julian cóntalle como ela, Sara, foi acollida por unha familia en pobo francés, ocupado polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial.Explícalle como foi perseguida por ser xudía e como o neno ao que todos rexeitaban converteuse no seu salvador e mellor amigo.
Esta desgarradora e conmovedora experiencia demostra o poder da amabilidade para cambiar corazóns, construír pontes e mesmo salvar vidas. Como a súa avoa lle di a Julián: "Sempre se necesita valor para ser amable, pero naqueles tempos, esa amabilidade podía custarche todo."
06/05/2024
Hoxe presentamos...A VIÑETA DE SCHRÖDINGER
Hoxe queremos darvos a coñecer "A viñeta de Schrödinger", unha revista trimestral de banda deseñada galega que contén historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M. Fraga, Fernando Llor, Kiko da Silva e portada de Miguel Robledo. Ademais de entrevistas a autores/as nacionais e internacionais feitas por Roberto M. Sotomulo. Agardamos que vos guste.
03/05/2024
29/04/2024
Hoxe presentamos...XINFU NA MALDICIÓN GUAUCHUKY
Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.
27/04/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
26/04/2024
VENRES DE HISTORIAS EN INGLÉS
22/04/2024
FELIZ DÍA DO LIBRO !
Na Biblioteca de Leo e Mariña imos celebrar durante varias semanas o Día do Libro porque para nós é unha data moi especial. Sobretodo este ano, no que vos convertestes nos "Guardiáns dos Contos clásicos".
De feito, gustounos moito ver como participábades hoxe nas actividades que fixemos na biblioteca: puzzles con instrusos do Flautista de Hamelin, Legos e manualidades coa Casiña de chocolate , Colorear e montar puzzles do Mago de Oz, colorear a Carapuchiña Vermella ou ordear viñetas da Bela durminte.
Mañá, Día do Libro, engadiremos un desafío: Identificar, a través da melodía dunha canción que soará pola megafonía do cole, o libro ao que se refire, de entre todos os que hai no mural da entrada do centro. Cando creades que asociáchedes correctamente a canción co libro correspondente, deberedes ir á entrada da biblio e depositar, completamente cuberta, a tarxeta que atoparedes xunto á Caixa "Este libro sóame" . Moita sorte e preparade os vosos oídos !!!
Hoxe presentamos...ULF DE JACOBSLAND: OS VIKINGOS EN GALICIA
Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.
18/04/2024
Venres de Historias
15/04/2024
Hoxe presentamos...PABLO & JANE EN LA DIMENSIÓN DE LOS MONSTRUOS
Unha chuviosa tarde de domingo, Pablo e Jane abúrrense en casa. Xa xogaron a todos os seus xogos, lido todos os seus libros e non queda ningún recuncho da veciñanza que non explorasen. Excepto un: a vella casa do outeiro co seu misterioso fulgor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará ao máis terrorífico das viaxes: á Dimensión dos Monstros.
Para volver a casa e escapar da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxar a Máquina de Aire Fantástico atopando as pezas escondidas en lugares tan aterradores como o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidar cos troles trituradores de Noruega, os cosacos cortacuellos de Moscova, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawai.
11/04/2024
Venres de historias
Seguimos, como cada venres, animando os recreos na Biblio con Música en directo e Sesión de contacontos. Neste caso, será o profe Pablo o que nos sorprenda tocando, coa trompa, algún dos seus temas favoritos. A continuación, tres alumnas de 3º B, contarán un dos contos que máis vos gusta ler.
Lembrade tamén que estamos encantadas de recibirvos, acompañados por algún adulto, todos os venres, de 16 a 18 horas. Podedes vir a facer traballos, ler, levar empréstitos ou xogar cos xogos do Recuncho Fedelleiro. Anima á túa familia!
09/04/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
08/04/2024
Hoxe presentamos...IMBATIBLE 1. lA JUSTICIA Y VERDURAS FRESCAS
Non é un superheroe normal. Ten o poder de atravesar o tempo, o espazo ... e a páxina! Un poder que utilizará para frustrar plans tortuosos dos malos de todo o mundo! Pero, como llo fará o Imbatible? Será unha viaxe salvaxe, iso seguro...

