14/06/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
13/06/2024
VENRES DE HISTORIAS VIRTUAL
12/06/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
11/06/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
10/06/2024
Hoxe presentamos...MOLLY WIND: BIBLIOTECARIAS A CABALLO
Molly Wind ten nove anos, adora ler e vive cos seus tíos e a súa irmá Ann nunha granxa ao sur dos Apalaches. As cousas non son fáciles e o diñeiro escasea pola zona, pero, xusto cando máis o necesitan, unha oportunidade cae do ceo: a biblioteca local está a contratar a mozas para que leven a literatura á xente das montañas!
Acompañada do seu fiel cabalo Carson, Molly e el vivirán incontables aventuras entre bosques, bandidos, libros e moitos enredos. E que menos! Seica podería esperarse algo máis dunha valente bibliotecaria dacabalo e os seus amigos?
06/06/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
03/06/2024
Hoxe presentamos...¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO?
Hoxe presentámosvos a historia de Janne, pero tamén a da súa familia, a dos seus amigos e a de todos nós. Unha novela gráfica poderosa e valente que convida á reflexión sobre a amizade, a diversidade e os trastornos alimentarios.
Janne non é como o resto da súa familia. Iso é o que lle di a súa avoa. Os demais están delgados, e ela non. A avoa non é a única que opina sobre a aparencia de Janne. Os compañeiros do cole tamén o fan. Janne refúxiase na comida fronte a unha contorna a miúdo hostil. A súa familia quere axudala a perder peso, pero os problemas de Janne non desaparecen como os quilos. E a ti que che pasou? é un poderoso libro sobre a amizade e sobre a importancia do apoio familiar e do diálogo. Jenny Jordahl regálanos unha historia importante e inspiradora.
27/05/2024
Hoxe presentamos...ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO
A obra de hoxe e unha mostra da vida e costumes dun grupo de rapaces do rural galego da primeira metade do século XX. É algo moi valioso porque poderedes descubir moitos detalles da vida de entón por medio desta lectura, aínda que, como podedes imaxinar polo título da obra, estamos a falar dunha aventura moito máis ambiciosa.
Aldara é unha nena que, ademais de pesarlle todas as tarefas diarias que unha rapariga ten que facer na casa e fóra dela naquela época, está atormentada por unha desgraza familiar ocorrida nun pasado recente. As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido desde hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vaise a quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares.
Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares, a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas apreciarán na súa xusta medida.
25/05/2024
LETRAS GALEGAS
Para conmemorar a autora a que se lle adican as Letras galegas este ano, Luisa Villalta, realizamos diversas actividades como unha exposición sobre a autora e sobre os libros en galego. Tamén o día 15 de maio e o día 24 de maio tivemos, nos recreos de historias e música, diversas actuacións relacionadas co folclore galego e un conto titulado A princesa Sabela que nos relatou Juan de 4º E. A continuación deixámovos os vídeos e as imaxes.
24/05/2024
Venres de Historias musicais polas Letras galegas
23/05/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
Para rematar o segundo trimestre, tivemos na biblioteca a Jairo, de 4º E, que nos interpretou unha peza da banda sonora do filme Harry Potter. Tamén nos acompañaron Natalia Campos, Rosalía Capón e Elba Díaz, de 4º B e 4º A, relatándonos o conto O monstuo rosa. Que ben o pasamos!
20/05/2024
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, todas as rapazas e rapaces do cole achegáronse á biblioteca ó longo de 3 semanas para coñecer ós contos traballados ó longo do PDI O BOSQUE DOS CONTOS.
Deseñáronse diversas actividades que se desenvolveron grazas á colaboración dos GARDIÁNS DOS CONTOS.
Hoxe presentamos...ASTRONAUTAS: MUJERES EN LA ÚLTIMA FRONTERA
Hoxe queremos que descobras de preto o humor e o empuxe de Mary Cleave, Valentina Tereshkova e as primeiras mulleres no espazo.
Se os Estados Unidos enviaron ao primeiro home á lúa, foi o programa espacial soviético o que fixo que Valentina Tereshkova fose a primeira muller en ir ao espazo. Con todo, as primeiras astronautas da NASA superaron con fartura o fito das soviéticas. O precursor Grupo 9, a primeira clase de xénero mixto da NASA, enfrontouse ao reto de demostrar aos directivos que o lugar dunha muller está no espazo. Polo camiño, tamén descubriron que á NASA quedaba moito por aprender se querían que as viaxes espaciais fosen posibles para todas as persoas.
14/05/2024
MÉRCORES DE HISTORIAS, LETRAS GALEGAS
13/05/2024
Hoxe presentamos...PÁJARO BLANCO
Hoxe traémosvos a primeira novela gráfica de J.R.Palacio que ten un simbolismo tan potente que é capaz de traernos do pasado unha valiosísima mensaxe.
A avoa de Julian cóntalle como ela, Sara, foi acollida por unha familia en pobo francés, ocupado polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial.Explícalle como foi perseguida por ser xudía e como o neno ao que todos rexeitaban converteuse no seu salvador e mellor amigo.
Esta desgarradora e conmovedora experiencia demostra o poder da amabilidade para cambiar corazóns, construír pontes e mesmo salvar vidas. Como a súa avoa lle di a Julián: "Sempre se necesita valor para ser amable, pero naqueles tempos, esa amabilidade podía custarche todo."
