Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.
XINFU de Biblioteca Vales Villamarín29/04/2024
27/04/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
26/04/2024
VENRES DE HISTORIAS EN INGLÉS
22/04/2024
FELIZ DÍA DO LIBRO !
Na Biblioteca de Leo e Mariña imos celebrar durante varias semanas o Día do Libro porque para nós é unha data moi especial. Sobretodo este ano, no que vos convertestes nos "Guardiáns dos Contos clásicos".
De feito, gustounos moito ver como participábades hoxe nas actividades que fixemos na biblioteca: puzzles con instrusos do Flautista de Hamelin, Legos e manualidades coa Casiña de chocolate , Colorear e montar puzzles do Mago de Oz, colorear a Carapuchiña Vermella ou ordear viñetas da Bela durminte.
Mañá, Día do Libro, engadiremos un desafío: Identificar, a través da melodía dunha canción que soará pola megafonía do cole, o libro ao que se refire, de entre todos os que hai no mural da entrada do centro. Cando creades que asociáchedes correctamente a canción co libro correspondente, deberedes ir á entrada da biblio e depositar, completamente cuberta, a tarxeta que atoparedes xunto á Caixa "Este libro sóame" . Moita sorte e preparade os vosos oídos !!!
Hoxe presentamos...ULF DE JACOBSLAND: OS VIKINGOS EN GALICIA
Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.
18/04/2024
15/04/2024
Hoxe presentamos...PABLO & JANE EN LA DIMENSIÓN DE LOS MONSTRUOS
Unha chuviosa tarde de domingo, Pablo e Jane abúrrense en casa. Xa xogaron a todos os seus xogos, lido todos os seus libros e non queda ningún recuncho da veciñanza que non explorasen. Excepto un: a vella casa do outeiro co seu misterioso fulgor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará ao máis terrorífico das viaxes: á Dimensión dos Monstros.
Para volver a casa e escapar da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxar a Máquina de Aire Fantástico atopando as pezas escondidas en lugares tan aterradores como o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidar cos troles trituradores de Noruega, os cosacos cortacuellos de Moscova, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawai.
11/04/2024
Venres de historias
Seguimos, como cada venres, animando os recreos na Biblio con Música en directo e Sesión de contacontos. Neste caso, será o profe Pablo o que nos sorprenda tocando, coa trompa, algún dos seus temas favoritos. A continuación, tres alumnas de 3º B, contarán un dos contos que máis vos gusta ler.
Lembrade tamén que estamos encantadas de recibirvos, acompañados por algún adulto, todos os venres, de 16 a 18 horas. Podedes vir a facer traballos, ler, levar empréstitos ou xogar cos xogos do Recuncho Fedelleiro. Anima á túa familia!
09/04/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
08/04/2024
Hoxe presentamos...IMBATIBLE 1. lA JUSTICIA Y VERDURAS FRESCAS
Non é un superheroe normal. Ten o poder de atravesar o tempo, o espazo ... e a páxina! Un poder que utilizará para frustrar plans tortuosos dos malos de todo o mundo! Pero, como llo fará o Imbatible? Será unha viaxe salvaxe, iso seguro...
04/04/2024
03/04/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
22/03/2024
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
21/03/2024
18/03/2024
Hoxe presentamos...AS AVENTURAS DE VANI
O libro que hoxe vos traemos é unha historia auto conclusiva pero con toda a pinta de ser o primeiro dunha posible colección protagonizada por Vani, un revoltoso crío a quen vou a coñecer cando decide subir ata a cima da montaña máis alta que rodea o pequeno pobo no que vive.
Esta viaxe, a priori un plácido paseo pola montaña, vai estar chea de obstáculos e dificultades que Vani terá que superar para chegar ata o seu destino. Para isto vai contar co seu espírito atrevido (ás veces rozando a inconsciencia), o seu carácter irreverente e un pouquiño de sorte.
O resultado final é unha lectura de ritmo áxil, chea de frescura, humor e sorpresas, que vos deixará un sorriso, grazas á fina ironía coa cal narra Jorge Campos as aventuras de Vani a través dos cinco capítulos que compoñen este álbum. E, sobre todo, polo innegable atractivo do protagonista, un entrañable bribón tan vándalo que resulta imposible non emparentarlo con outros grandes pillos da historia do cómic como Shin Chan, Fiz ou Arale.